Denuncia a falla de compromiso da Xunta cos gandeiros polos prestamos conveniados da PAC

Denuncia a falla de compromiso da Xunta cos gandeiros polos prestamos conveniados da PAC

Denuncia a falla de compromiso da Xunta cos gandeiros polos prestamos conveniados da PAC

Novagalicia Banco ofrece aos gandeiros préstamos cun interés máis baixo que o do convenio da Xunta de Galicia.

A responsable de Medio Rural do PSdeG-PSOE, Ana Doval Fraíz, denunciou que a Xunta de Galicia co seu presidente á cabeza, “tomoulle o pelo unha vez máis aos gandeiros”, ao vender a bombo e platillo o pasado mes de maio o convenio acadado con distintas entidades bancarias para o cobro por adiantado da PAC.

A dirixente socialista chega a esta conclusión observando que, agora Novagalicia Banco ofrece “o mesmo préstamo a un interés menor”.

Neste sentido Doval insta ao Goberno de Feijóo a que, “o mesmo que fai dous meses saíron a contar as bondades desde convenio, que saian agora a explicar onde están as vantaxes da súa proposta para o gandeiro e o apoio ao sector”. “Estamos vendo que todo era fume”, conclúe a responsable de Medio Rural do PSdeG-PSOE.

Os socialistas destacan que moitos beneficiarios da PAC poden optar a un préstamo do 3% de Novagalicia Banco mentres que e as entidades conveniadas coa Xunta ofrecen o mesmo préstamo ao 6,25% e dende que remata o período de préstamo poden solicitar que a Xunta lles reembolse 3 puntos do mesmo. Esta opción resulta por tanto, máis cara e máis farragosa para os solicitantes a pesar de que a Conselleira do sector, Rosa Quintana, o anunciou o pasado mes de maio como unha das medidas para paliar os gastos da sequía e que os gandeiros tivesen liquidez.

Ana Doval reclama á Consellería de Medio Rural e do Mar que no que queda de lexislatura “poña os cinco sentidos aos actuais problemas do sector”, escoitando aos sindicatos e asociacións sectoriais e implementando medidas útiles. Explicou que agricultores e gandeiros están fartos de 3 anos de anuncios de medidas mediáticas pero que na práctica non aportan solucións a crise do campo.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar