Dende a chegada de Feijóo os orzamentos de Educación reducíronse en 500 millóns de euros

Dende a chegada de Feijóo os orzamentos de Educación reducíronse en 500 millóns de euros

Dende a chegada de Feijóo os orzamentos de Educación reducíronse en 500 millóns de euros

O portavoz de Educación do Grupo Parlamentario Socialista Guillermo Meijon dixo  que os orzamentos en Educación da Xunta camiñan no sentido contrario a universalidade e a equidade. Afirma que non son “coherentes e non incentivan o incremento de capital humano”. Asegura que na nosa Comunidade “hai 3.000 alumnos mais e 1.000 mestres menos”, dende a chegada de Feijoo. E denuncia que o cambio de modelo impulsado polo PP atenta contra o estado de benestar.

Por iso lembrou na súa intervención, trala comparecencia do Conselleiro de Educación na Comisión 3ª na que presentou os orzamentos, que apostar pola educación “é apostar polo futuro de Galicia”.

Meijon considera que é necesario investir en educación nestes momentos de crise “xa que aquí contemplase o PIB do noso futuro como pais”, e sinala que hai apostar pola educación en igualdade e en equidade “e esto so o garante un sistema universal publico e gratuíto”.

O portavoz socialista cualificou de “despilfarro” a xestión dos libros de texto na nosa Comunidade, dixo que o modelo de Feijoo “é lamentablemente mais caro”.

Sinala que dende a chegada de Feijoo á Xunta a Consellería de Educación perdeu perto de 500 millóns de euros. No que se refire a partida para a lingua galega critica que tiña un orzamento de mais de 21 millóns de euros e “baixa a 9,8 millóns,”, por iso cualifica esta rebaixa como “a demolición da lingua galega”.

No que se refire aos comedores escolares explicou que no ano 2009 de 23.7 millóns de euros, e asevera que a día de hoxe mantense a mesma partida orzamentaria que na pasada lexislatura, “en euros reais”.

Sobre a partida adicada para becas universitarias asegura que tiña un orzamento de 4.1 millóns de euros na pasada lexislatura, e a día de hoxe a partida é de 3 millóns, o que supón unha baixada do 25.6%. Sobre as axudas as ANPAS pasaron de 1 millóns de euros a 724.000 euros “ este é o castigo para os que protestan polo sistema educativo de Feijoo, por iso as partidas seguen baixando ano tras ano”.

Afoga os conservatorios de Galicia

O orzamento para Conservatorios e Escolas de Musica, contaba no 2009 con perto de 1 millón de euros “e este ano recibe 372.000 euros”, dixo que Feijoo rebaixa estas partidas para “afogar aos conservatorios e escolas dos concellos de Galicia”.

No que se refire á formación de profesorado “acumulan un descenso de 3.5 millóns de euros”, con respecto a pasada lexislatura. Sobre as linguas estranxeiras a partida do ano 2009 é de 5 millóns de euros, e na era Feijoo “é de 3.9 millóns de euros”, o que supón un 21% menos.

Na partida de programas calidade e avaliación o orzamento pasa de 860.000 a 360.000 euros “reducen 1/3”, e nos programas de Formación de Profesional a Xunta “perde 3 millóns de euros”, e nos programas de cualificación profesional pasan de 13,5 a 11.7 millóns de euros.

Rebaixa no SUG

No que se refire ao SUG lembrou a rebaixa dun 30% no capitulo de investimentos, e critica o Plan de Financiamento leva acumulada unha perda de 110 millóns de euros, por iso advirte que “as Universidades quedan en perigo de perder o seu financiamento basal”, o que pode provocar graves prexuízos nun futuro.

Asegura que a folla de ruta do PP no sistema educativo en Galicia pasa pola rebaixa das becas, diminución de docentes, concertar centros que segregan por sexo, cesión de terreos a colexios concertados ou de pago, libros de texto cun sistema menos eficiente e mais caro, e a reducción de programas para o fracaso escolar.

E envioulle unha mensaxe ao Conselleiro “o único bon que ten este orzamento da Xunta é que vai ser o ultimo que xestione vostede”, espetou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar