Demostramos que non responderlle á oposición é unha estratexia deliberada da Xunta

Demostramos que non responderlle á oposición é unha estratexia deliberada da Xunta

Demostramos que non responderlle á oposición é unha estratexia deliberada da Xunta

O grupo socialista transformou en preguntas orais en todas as comisións parlamentarias 219 preguntas escritas das arredor de 300 que o goberno do PP non quixo contestarlles no prazo máximo de 20 días que establece o regulamento. Os socialistas comprometéronse a retirar da orde do día aquelas preguntas que fosen respondidas por escrito pola Xunta antes de cada comisión, algo que sucedeu coas 12 previstas acumuladas para a comisión 6ª desta mañá. Isto demostra, afirmou o deputado Abel Losada, que “non respostar á oposición é unha estratexia política deliberada” do goberno do PP.

 

A Xunta viuse forzada así a respostar “en só 72 horas o que non fixo nos últimos sete meses”, e evidenciou que “só coopera no control democrático cando é por obriga”. Este exercicio de “defensa do dereito á información e pedagoxía política” repetirase en todas e cada unha das comisións nas vindeiras semanas, no que é un xesto dos socialistas para poñer sobre a mesa o “desprezo” do goberno galego ao Parlamento e á imprescindible labor de control democrática dos grupos parlamentarios da oposición.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar