Demostración inadmisible de telebasura no tratamento a "Manolo de Xaniño" na TVG

Demostración inadmisible de telebasura no tratamento a “Manolo de Xaniño” na TVG

crtvgA deputada socialista Concepción Burgo criticou hoxe o tratamento do suceso de Manolo de Xaniño pola TVG de “telebasura inadmisible”. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na que denunciou o incumprimento da Lei de Medios e do Mandato Marco ao privatizar os programas Boas Tardes e O Que Pasa Aquí.

A deputada socialista criticou duramente que o ente público “presuma” de ter “xerado o fenómeno viral” de Manolo de Xaniño, que tivo que ser atendido polas forzas da orde ao ficar atascado nun pilón no seu camiño de regreso dun prostíbulo. Considera “impresentable” o tratamento dado a este suceso, que “mesmo debera ser cuestionado nun medio privado, cánto máis nunha televisión pública”.

Burgo sinalou que unha das presentadoras do espazo Boas Tardes mesmo chegou a lamentar o horario de protección de emisión, explicou, “porque consideraba divertido coñecer máis das aventuras femininas deste señor”.

Privatización

A deputada socialista utilizou este caso, utilizado polo programa, que mesmo fixo unha entrevista a Manolo de Xaniño que foi empregada polos telexornais do ente, para denunciar a privatización tanto de Boas Tardes como de O Que Pasa Aquí, e que foi admitido polo director xeral do ente.

Burgo acusou a Sánchez Izquierdo de incumprir tanto a Lei de Medios Públicos de Comunicación Audiovisual como o seu Mandato Marco, que impiden explicitamente a externalización dos programas informativos. Ante o argumento do director xeral, que alegou que estes programas eran magazines, sinalou que a propia web da CRTVG es presenta como “espazos informativos” e recomendoulle que “se poña de acordo cos responsables da súa páxina”.

Seguridade Social

A deputada socialista presentou ademais unha pregunta oral sobre a fraude da CRTVG a través de infracotizacións á Seguridade Social nos salarios dos traballadores. Criticou que a Corporación teña reducido o déficit do que “presume” a súa dirección “a base de aforrar desta maneira” cunha débeda que como mínimo supón 400.000 euros durante cinco anos, en torno a 2 millóns de euros en total.

Burgo lembrou que o director xeral debe asumir a “responsabilidade política” deste erro que derivou do mal cumprimento da lexislación repercutindo os recortes temporais na cotización dos traballadores. Esta situación suporía un desfase de entre os 2 millóns recoñecidos pola dirección e os 15 que chegaron a apuntar os sindicatos que o denunciaron.

Lamentou a “pouca seriedade” demostrada pola dirección, que anuncia agora que resolverá o problema xerado pola súa nefasta xestión no mes de abril, cando “estamos practicamente en marzo e aínda non son capaces de precisar cántos traballadores hai afectados”. Advertiu que o problema resulta especialmente dramático no caso dos traballadores que se xubilaron nesta etapa, cunhas cotizacións inferiores ás que lles corresponden.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar