Demanda "absolutamente razoable" da Costa da Morte a favor da continuidade de Ferroatlántica

Demanda "absolutamente razoable" da Costa da Morte a favor da continuidade de Ferroatlántica

Demanda “absolutamente razoable” da Costa da Morte a favor da continuidade de Ferroatlántica

O portavoz do Grupo Socialista, Xoaquín Fernández Leiceaga, reivindicou o mantemento dos postos de traballo e a continuidade da actividade industrial das centrais hidroeléctricas de Ferroatlántica en Cee e Dumbría. Así o dixo durante a manifestación en contra da segregación das mesmas que tivo lugar hoxe en Santiago convocada polo Comité de Empresa.

O responsable socialista sinalou como “absolutamente razoable” e mesmo “necesaria” a reivindicación dos traballadores da empresa e dos veciños da comarca, que reclaman “a defensa do interese público preservando a función das centrais hidroeléctricas, a actividade industrial e os postos de traballo”.

Explicou que estas centrais de Ferroatlántica, que se enfrontan á petición de segregación da actividade industrial por parte da empresa matriz, realiza “unha actividade industrial única”. Esta ten especial incidencia pola súa dimensión, especialización, e polos efectos indirectos sobre a comarca, como é pola dinamización do Porto de Brens e o conxunto de actividades da comarca.

Sinalou que “a actividade e o emprego non se poden poñer en risco” e sinaloulle ao goberno galego que “tome nota” á hora de decidir sobre a petición de segregación, que “sempre debe estar baseada na legalidade e dirixida a preservar por enriba de todo a integridade da función industrial e dos postos de traballo na comarca”.

Fernández Leiceaga acompañou hoxe aos traballadores das centrais no seu último tramo da marcha a favor da continuidade das centrais, que comezou hai tres días na Costa de Morte e que hoxe chegaron a Compostela despois de facer noite en Bertamiráns. O responsable socialista estivo acompañado pola deputada socialista Loli Toja, e os alcaldes e portavoces socialistas da comarca.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar