Demanda á Fiscalia que faga valer as súas competencias na defensa das persoas desesperadas diante a situación de extrema pobreza e exclusión social propiciada polo PP

Demanda á Fiscalia que faga valer as súas competencias na defensa das persoas desesperadas diante a situación de extrema pobreza e exclusión social propiciada polo PP

Demanda á Fiscalia que faga valer as súas competencias na defensa das persoas desesperadas diante a situación de extrema pobreza e exclusión social propiciada polo PP

Sestayo dixo que a Lei de taxas de Xudiciais “é unha das mais perigosas da democracia”

Asegura que “o acceso a Xustiza debe ser igual para ricos e pobres”

Demandou tamén unha xustiza mais transparente, e criticou a posible privatizacións de diferentes servicios como os rexistros

A portavoz de Xustiza e Política Institucional do Grupo Socialista, Beatriz demanda a Fiscalía que faga valer as súas competencias na defensa das persoas desesperadas ante a situación de extrema pobreza e exclusión social propiciada polo PP.

Beatriz Sestayo fixo esta afirmación tras coñecer a Memoria da Fiscalía Superior de Galicia do ano 2011 presentada hoxe no Parlamento. Alí preguntou si os galegos teñen igualdade de trato na xustiza, e sinalou ademais que na nosa comunidade “hai procedementos xudiciais abertos dende fai moito tempo”, e que a dia de hoxe seguen sen pechar. Dixo tamén que “o acceso a Xustiza debe ser igual para ricos e pobres”, espetou.

A deputada aludiu ademais a Lei de taxas de Xudiciais e cualificou esta medida “como unha das mais perigosas da democracia”. Asegura “que a súa privatización vai repercutir nun maior traballo para os rexistradores a para os notarios”.Demandou tamén unha xustiza mais transparente, e criticou a posible privatizacións de diferentes servicios como os rexistros.

No que se refire a tutela de menores denunciou o recorte nas partidas orzamentarias nun 60% “como xa denunciou o colectivo de traballadores sociais de Galicia”, e criticou a privatización dos Centros de Menores “que hoxe se atopan en situación de desamparo”, algo que cualificou “dunha gravidade extrema”, porque ademais “colapsa os servicios sociais”.

A maiores criticou o abandono das persoas dependentes e as persoas con discapacidade na nosa Comunidade por parte do Goberno de Feijoo. E preguntouse cal é o papel da FUNGA (Fundación Publica para a tutela de persoas adultas).

A portavoz socialista anunciou que o PSdeG-PSOE presentará novamente para o seu debate a Lei de Mediación “pero esperemos que o PP a apoie no Parlamento”. E sobre a corrupción lembrou que o PSdeG-PSOE rexistrou diversas iniciativas na Cámara Autonómica “pero todas atoparon o rodillo do PP”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar