Deixación de funcións da Xunta na vaga de lumes

Deixación de funcións da Xunta na vaga de lumes

Deixación de funcións da Xunta na vaga de lumes

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, denunciou hoxe “deixación de funcións” da conselleira de Medio Rural na vaga de lumes deste verán. Así o dixo na comparecencia da conselleira no Pleno do Parlamento, na que advertiu que o desmantelamento da política de prevención e a falla de política de xestión do territorio favorecen os lumes nos montes galegos.

 

Criticou que o desleixo da Xunta presidida por Feijóo provocou que Galicia rexistrara este ano a metade dos lumes de todo o Estado. Dixo que a falla de política de prevención como principal instrumento de loita contra o lume constitúe un dos principais motivos da proliferación dos lumes en Galicia, e criticou que as únicas partidas orzamentarias para prevención foron aprobadas a mediados de agosto, cos lumes xa prendidos.

 

García apuntou ao abandono da actividade agraria, que provoca o abandono do medio rural, e a falla de política de xestión do territorio durante os 30 anos de goberno do PP como dous dos principais motivos que provocan o incremento dos lumes.

 

Dixo ademais que “non existe política de xestión da masa forestal”, como evidencia que “Galicia arde pero non en tódolos sitios igual”, xa que a política “de forestación” do goberno xera zonas de masa forestal descontrolada “agardando por que algún desalmado lle prenda lume”.

 

Servizo de extinción

 

O parlamentario socialista criticou tamén a xestión dos servizos de extinción de incendios por parte do goberno galego, aplicando un modelo “nin operativo nin mais barato”. Así, salientou que a Xunta ten contratadas brigadas alleas cando a realidade é que as públicas, custando só un euro mais, teñen unha dispoñibilidade de 31 días –fronte aos 20 das privadas-, e teñen 3 operativos fronte aos dous das outras.

 

García dixo que o modelo “é claramente mellorable e optimizable” para que as vagas de lumes “deixen de repetirse” sen que o goberno galego teña que recorrer a contratar a persoal de Tragsa porque as brigadas municipais foron insuficientes para enfrontarse ao lume”.

 

Advertiu ademais da falla de eficiencia dos medios do goberno galego, e puxo como exemplo unha motobomba que ten que realizar un desprazamento de oito horas cada día para realizar un traballo efectivo de catro horas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar