Déficit de policías locais en Galicia

Déficit de policías locais en Galicia

Déficit de policías locais en Galicia

O responsable de Política Institucional do Grupo Socialista, Juan Díaz Villoslada, reclamoulle á Xunta que elabore, en colaboración coa Fegamp, un programa 2018-2020 para incrementar o número de policías locais en Galicia. O responsable socialista advertiu que os concellos galegos precisan de 2.000 efectivos máis de policía local para cumprir coa ratio recomendada pola normativa autonómica.

Díaz Villoslada lembrou que o Decreto 243/2008 que desenvolve a Lei de Policías Locais de Galicia considera recomendable que haxa 1,8 policías por cada 1.000 habitantes, polo que Galicia precisa con urxencia dun substancial aumento na súa plantilla de policía local. Lembra que o decreto 115/2017, que regula a cooperación da Comunidade Autónoma cos concellos na selección destes corpos de seguridade “non contén ningunha previsión para paliar esta deficitaria situación”.

A esta carencia no número de efectivos, apunta, súmase a “delicada situación de viabilidade” nuns corpos nos que un terzo dos seus integrantes superan os 60 anos de idade. Ademais, dixo, esta situación “podería verse máis agravada pola previsión de acceso a esa idade á xubilación anticipada anunciada polo Ministerio de Interior para 2018.

Díaz Villoslada apunta que a última Memoria anual de actividades de coordinación de policías locais de Galicia, correspondente a 2016, da conta da grave situación por canto das 2.765 prazas de policía local, hai 330 vacantes –o 12 por cento-. Destas, 133 corresponden a concellos de A Coruña, 29 a Lugo, outras 39 a Ourense e 129 a Pontevedra.

Lembra que os policías locais son os encargados de “garantir a seguridade cidadá e a consecución do benestar social, cooperando con outros axentes sociais, especialmente nos ámbitos preventivo, asistencial e de rehabilitación”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar