"Déficit brutal" nos medios para a xestión das solicitudes de Dependencia

“Déficit brutal” nos medios para a xestión das solicitudes de Dependencia

DependenciaA portavoz de Política Social do Grupo Socialista, Carmen Gallego, alertou hoxe fronte ao “déficit brutal” nos medios persoais para a xestión das solicitudes da Dependencia en Galicia. A deputada socialista presentou unha pregunta na Comisión de Política Social na que sinalou que a situación resulta especialmente grave en A Coruña e Pontevedra, comparativamente con Lugo e Ourense.

Precisamente na provincia de A Coruña, dixo, o escaso persoal que ten que afrontar as solicitudes “non pode cumprir o prazo de 3 meses establecido para finalizar coas valoracións en ningún caso”. A deputada socialista criticou que a Xunta continúe sen entregar os datos oficiais e sen responder a unha pregunta que foi presentada por escrito en 2013 e que hoxe foi debatida como pregunta oral pola negativa do goberno.

Gallego cualificou ademais de “insulto á intelixencia” que “pretendan reducir as listas de espera a costa de ofrecer axudas pírricas e insuficientes de 50 euros ao mes para xente que ten pensións de apenas 600 euros”.

Criticou que “non estamos tan ben como parece e como queren dar a entender” logo de evidenciar a “estratexia deleznable” de reducir as listas de espera por unha banda reducindo as axudas e pola outra aumentando os copagos ata o punto de facelo insostible. Sinalou que “moitas persoas vense obrigadas a abandonar os centros de día porque non poden afrontar os copagos”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar