Deficiente estado do almacenamento de expedientes xudiciais en Galicia

Deficiente estado do almacenamento de expedientes xudiciais en Galicia

Deficiente estado do almacenamento de expedientes xudiciais en Galicia

A portavoz de Xustiza do Grupo Socialista, Patricia Vilán, deu hoxe a voz de alarma diante do “deficiente estado” do almacenamento e organización dos arquivos xudiciais en Galicia. Vilán presentou unha pregunta oral en Comisión utilizando o caso dos xulgados da Parda, en Pontevedra, como exemplo dunha situación caótica que pon en risco os fondos e dificulta o traballo da Xustiza.

A responsable socialista explicou que nos ditos xulgados “non hai espazo nin persoal técnico especializado” na criba de arquivos, e os documentos “están esparcidos polo chan, almacenados en estanterías, en mesas e en sitios de paso”. Alertou de que tan só hai unha persoa contratada como bolseira encargada do traballo de expurgo en todo o inmoble.

Advertiu que os letrados da Administración de Xustiza son incapaces de garantir a seguridade no tratamento dos documentos, cando nos xulgados de Primeira Instancia 2 e 5 as caixas “moran debaixo das mesas dos traballadores e ata se ten habilitado un cuarto aparte para gardar a documentación”.

A situación non é mellor, continúa, nos Xulgados de Vilagarcía, onde usan como arquivo parte dun garaxe e os calabozos, e o Xulgado nº 3 de Tui mantén os documentos xudiciais no mesmo espazo que o cubo da fregona e os produtos de limpeza.

Vilán critica que, coñecendo esta situación, o goberno galego continúe cunha mensaxe triunfalista do vicepresidente da Xunta, “presumindo” do cumprimento do Plan de Modernización de 2003, que establece criterios para ordenar os documentos, que explicita a necesidade de locais axeitados para toda a documentación.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar