Defenderán en pleno as emendas para mellorar o proxecto de Lei de Vivenda mediocre, que prima a liberdade de mercado e reduce a vivenda protexida

Defenderán en pleno as emendas para mellorar o proxecto de Lei de Vivenda mediocre, que prima a liberdade de mercado e reduce a vivenda protexida

Defenderán en pleno as emendas para mellorar o proxecto de Lei de Vivenda mediocre, que prima a liberdade de mercado e reduce a vivenda protexida

Luis Toxo salientou que o dictame aprobado en comisión deixa fora as emendas como a creación dun Fondo Social de Vivenda para garantir o dereito á vivenda digna co obxectivo de establecer a integración e a cohesión social

Logo do trámite en comisión os socialistas insistirán no pleno en incluír emendas para impedir o “desamparo” dos propietarios de vivendas coas licencias concedidas e adquiridas “de boa fe” pero afectadas por sentenzas de derribo en base a un título anulado. Neste caso a Xunta debera concederlles unha vivenda protexida no caso de que a outra fora construída sempre que constituíse a súa vivenda habitual

O portavoz de Vivenda do Grupo Socialista, Luis Toxo, salientou a gran diferenza de modelo de política de Vivenda para Galicia defendido polos populares e o seu partido como queda reflectido no trámite en comisión, hoxe, da futura Lei de Vivenda. Presentou as 99 emendas socialistas á Lei de Vivenda da Xunta, para “mellorar no posible un texto mediocre” logo de que o PP rexeitara a emenda de devolución presentada polos socialistas no Pleno do Parlamento.

Lamenta Toxo que os populares só permitiran a aprobación das emendas socialistas que inciden máis no “estilo” da redacción de puntos de cofluencia e non no relativo a “garantías públicas e o interese xeral”, que demandaban os socialistas en contraste co texto dos populares, “que atende máis a intereses do mercado inmobiliario”.

Quedan fora, polo menos neste momento do trámite parlamentario a emenda socialista relativa á incorporación da dación en pago no caso de execucións hipotecarias. As emendas socialistas inclúen a dación en pago da vivenda para os propietarios que non poidan pagar a hipoteca, incluíndo a posibilidade de que continúen en réxime de aluguer na súa mesma residencia durante un prazo de 10 anos, transcorridos os cales poderían optar a recuperar a propiedade. Criticou que as emendas presentadas polo PP á súa propia Lei neste sentido en realidade eludan acadar “compromisos concretos”.

Ademais, dispón que os debedores de hipotecas que non teñan recursos queden exentos do pago da cota dos actos xurídicos documentados no caso de novacións contratuais de préstamos e créditos hipotecarios.

Vivenda irregular

Toxo reclamou tamén “evitar o desamparo” dos propietarios que teñan adquirido a súa vivenda “de boa fe” e coas licencias pertinentes en regra, malia que a continuación esta fora declarada irregular. Neste caso, explicou, a Xunta poderá concederlles unha vivenda protexida no caso de que a outra fora construída “ao amparo dun título anulado e sempre que constituíse a súa vivenda habitual”.

Solicita ademais que a Comunidade Autónoma “sobre a base do dereito constitucional a unha vivenda digna (...) poderá declarar de utilidade pública e interese social a expropiación dos dereitos ou intereses lexítimos recoñecidos aos cidadáns nunha sentenza firme en relación á demolición da súa vivenda realizada ao amparo dun título anulado”.

Explicou que as vivendas construídas de xeito ilegal, ao estar afectadas por unha sentenza de derribo, esta deberá de executarse e mesmo sinala que “para a reposición da legalidade urbanística e a demolición do construído” as administracións poderán desenvolver “convenios entre elas que permitan a execución coa maior celeridade posible e co obxecto de dar cumprimento ás sentenzas legais firmes existentes”.

Modelo liberal

O parlamentario socialista criticou a Lei presentada pola Xunta e que cualificou de “mediocre” por “apostar por un modelo de corte liberal que reduce o solo protexido e xera inseguridade xurídica” tratando á vivenda “como unha mercadoría e non como un dereito”. Lamenta que o Goberno galego opte por “primar a liberdade de mercado” e os beneficios do sector privado reducindo a vivenda protexida que cumpre a función social para os cidadáns con menos recursos.

Así, explicou que a través das 99 emendas, os socialistas reclaman un incremento do solo protexido, priorizando ademais a rehabilitación e o aluguer de vivendas creando un Fondo Social de Vivenda como “dotación orzamentaria para garantir o dereito á vivenda digna co obxectivo de establecer a integración e a cohesión social”. Tamén reclama un Plan Sectorial de Vivenda para suplir a carencia de vivenda protexida da Xunta.

Reclama que a cualificación de vivenda protexida se manteña a 30 anos, xa que, advertiu, o goberno galego “quere establecer tres zonas cunha protección de 30, 20 e 15 anos”. Ademais, propón que as vivendas protexidas teñan unha superficie de entre 45 e 140 metros cadrados, mentres a Lei presentada pola Xunta establece que as vivendas teñan un máximo de 120 metros cadrados.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar