Os parlamentarios do PSdeG defenderán en Bruxelas, Madrid e Santiago as demandas dos xubilados con pensións do estranxeiro aos que persigue Facenda

Os parlamentarios do PSdeG defenderán en Bruxelas, Madrid e Santiago as demandas dos xubilados con pensións do estranxeiro aos que persigue Facenda

Os parlamentarios do PSdeG defenderán en Bruxelas, Madrid e Santiago as demandas dos xubilados con pensións do estranxeiro aos que persigue Facenda

A parlamentaria autonómica, Carmen Gallego, o eurodeputado, Antolín Sánchez Presedo, a deputada no Congreso, Laura Seara e a senadora Paula Fernández mantiveron, no Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, unha xuntanza coas Plataformas de Afectados polas reclamacións de Facenda aos xubilados que reciben unha pensión do estranxeiro.

 

Segundo explicou a portavoz de Políticas Sociais do Grupo Socialista, Carmen Gallego, a xuntanza serviu para coñecer as demandas destes afectados, que poderían chegar a 20.000 pensionistas, e dos que Facenda xa recoñeceu que recadara, de marzo a xuño deste ano, 3 millóns de euros a través da reclamación do IRPF de 2008 ata a data por ter dous pagadores. Os usuarios non tiñan feito esta declaración por absoluta desinformación ou mala información respecto á obriga de declarar a pensión do estranxeiro, nalgúns casos incluso desde as propias administracións.

 

O parlamentario e parlamentarias socialistas se comprometeron a trasladar as demandas das plataformas de afectados aos distintos foros onde ostentan representación ca fin de parar esta campaña. “Estase a tratar a estes xubilados como se fosen delincuentes fiscais”, recrimina Gallego ao Goberno, “cando o único que debera facer e darlles información para regular a súa situación, que se é legal é absolutamente inmoral”,concluíu a deputada do PSdeG.

 

Censura Gallego que os populares, desde o Goberno traten deste xeito aos pensionistas emigrantes, “que no seu día tiveron que saír do país para buscarse a vida e traer diñeiro para Galicia, ao tempo que se “fan amnistías fiscais aos verdadeiros delincuentes fiscais”.

 

Maruchi Álvarez, da Plataforma de Afectados do Morrazo, explicou que a principal demanda reside na eliminación da obriga declarar por ter dous pagadores “porque é unha discriminación absoluta”, e revisar o límite de ingresos que lles impón Facenda.

 

 

 

Salientou a importancia da presencia do europarlamentario do PSdeG na xuntanza pois consideran os afectados que “Europa debe saber cómo nos trata o Estado Español aos pensionistas”. Álvarez acusa ao Goberno de non aplicar a lei adecuadamente, “estásenos a facer pagar por unha situación económica da que non somos responsables”, dixo.

 

A solución debe ser “política”, afirma Álvarez, por iso se reúnen cos grupos políticos e, por outra banda “social”. A portavoz dos afectados adiantou que a constitución de grupos de traballo e asociacións está a facer recuar a Facenda, que “están recoñecendo que se están equivocando”, e comezan a deixar de emitir as comunicacións de sanción.

 

Carmen Gallego e Maruchi Álvarez insistiron na necesidade de concienciar aos pensionistas afectados que “non fixeron nada ilegal”, afirma Álvarez, que anima a “saír, organizarse e propoñer unha loita común”. Ambas dirixíronse tamén aos xubilados que xa pagaron á Axencia Tributaria, pois pretenden recuperar eses cartos que as plataformas denuncian que “ Facenda nos roubou”, denuncia a portavoz dos afectados.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar