Defenden a creación dun imposto aos depósitos da banca para corrixir o desequilibrio orzamentario e reforzar o investimento en servizos públicos

Defenden a creación dun imposto aos depósitos da banca para corrixir o desequilibrio orzamentario e reforzar o investimento en servizos públicos

Defenden a creación dun imposto aos depósitos da banca para corrixir o desequilibrio orzamentario e reforzar o investimento en servizos públicos

González Santín cifra en 50M€/ano a cantidade a recadar por este tributo, o máis neutral, pois non grava aos asalariados, senón aos beneficios das entidades bancarias

Critica aos populares que teñan aprobado, en fraude de lei, unha norma tributaria sobre os depósitos a tipo cero, sen ánimo de recadar, só de impedir que lexislen no mesmo sentido as CCAA

Existe xurisprudencia do TC que avalan a competencia dos Parlamentos Autonómicos para lexislar en materia deste tributo

As galegas e galegos xa van pagar este imposto, a través da recadación ordinaria coa que se compensará a Estremadura, Andalucía e Canarias, onde funciona este tributo con anterioridade á norma do Goberno de Rajoy

O portavoz de Facenda do Grupo Parlamentario Socialista, Juan Carlos González Santín, foi o encargado de defender en Pleno a Proposición de Lei para a creación dun imposto sobre depósitos das entidades de crédito en Galicia.

Os socialistas xustificaron esta iniciativa en que a situación económica actual require por parte dos poderes públicos o establecemento de medidas que contribúan a ofrecer unha solución ao tempo que, no exercicio das propias competencias da Comunidade Autónoma, se establezan tributos polos que se logren novo recursos para a Facenda galega. Este tributo “é bo para Galicia e para os galegos, porque recae sobre os bancos sen afectar aos cidadáns”, explica o parlamentario.

González Santín, defendeu a creación deste novo imposto sobre os depósitos das entidades de crédito porque aportará ás arcas galegas recursos adicionais que cifra en aproximadamente 50M€/ano. Isto permitirá equilibrar os Orzamentos da Xunta e a redución do déficit público pola vía do incremento dos ingresos tributarios propios reforzando o financiamento dos servizos públicos como a Sanidade, os Servizos Sociais ou a Educación.

A crise económica eleva a demanda de servizos públicos. A poboación envellecida e dispersa que caracteriza a Galicia encarece a prestación destes servizos. Ademais, a Xunta ve reducidos os ingresos procedentes dos tributos do Estado. Prodúcese un desequilibrio orzamentario que, ou ben se corrixe pola redución de gasto, como por exemplo, en Servizos Sociais, ou ben se aumenta o endebedamento, ambas medidas que tomou o PP. Ao contrario desto os socialistas propoñen “incrementar os ingresos vía tributaria” , propón González Santín.

Para esquivar os argumentos relativos á afección sobre os consumidores deste tributo, o parlamentario do PSdeG-PSOE explicou que este imposto, directamente sobre os depósitos non afecta ao consumidor, “respecta os principios de equidade, capacidade económica, progresividade e suficiencia que non afecta ao consumo e non afecta, por tanto, ao crecemento”, dixo. Os bancos non van poder facer unha política en contra destes depósitos pois son a orixe dos seus ingresos. O efecto deste imposto será que se verán reducidos os beneficios da Banca. “Parécenos o imposto mais neutral” que se poida aplicar, insiste o deputado socialista.

González Santín reforzou a iniciativa socialista contra os argumentos populares de colisión coa lei 16/2012 do Goberno do Estado. Neste sentido os socialistas argumentan cuestionando a natureza desta lei, creada cun tipo impositivo cero. E dicir, unha lei creada sen ánimo de recadar, senón coa finalidade de evitar que se lexisle este imposto desde as CCAA. Sobre isto Montoro deféndese deixando aberta a posibilidade de elevar o tipo impositivo e comezar a recadar. “Algo insólito: trataríase dun imposto preventivo” reprocha González Santín.

Os socialistas recriminan ao Goberno que non atendera á sentenza do Tribunal Constitucional, que avala a posición de Estremadura, comunidade que xunto a Canarias e Andalucía xa aplican este tributo. Existe ademais a posibilidade de que o Goberno deba compensar ás mesmas polos ingresos que deixen de recadar. Nese caso, saíndo todo da caixa común dos impostos xerais, os galegos e galegas “pagaríamos a Sanidade e os Servizos Sociais destas Comunidades”.

Os bancos “foron responsables da crise e hai que pedirlles este esforzo”, apunta o parlamentario socialista. Aparte dos 50M€ de recadación, González Santín salienta outros beneficios para a cidadanía como as deducións que terían as entidades por ter o domicilio social en Galicia ou por manter oficinas nos pequenos municipios, ou ben aos que fagan investimento en Obra Social.

Andalucía recada por este tributo 95M€; Canarias, 30M€ e Estremadura, 35M€.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar