Declaración de Pachi Vázquez na xornada electoral

Declaración de Pachi Vázquez na xornada electoral

Declaración de Pachi Vázquez na xornada electoral

“Galicia decidiu hoxe o seu futuro para os próximos 4 anos, decidiu darlle unha ampla maioría ao PP, polo que xa felicitei ao seu presidente, Alberto Núñez Feijóo.

Permítanme que agradeza enormemente a todos aqueles galegos e galegas que depositaron a súa confianza no PSdeG, e que lle agradeza singularmente a todos os milleiros de homes e mulleres militantes deste partido que se volcaron nunha campaña fermosa, ilusionada, con moitas gañas, pero que ao final son os cidadáns, cando falan, os que deciden.

Quero garantirlle a toda Galicia que, durante os próximos 4 anos, o PSdeG estará traballando onde nos puxo a cidadanía, no Parlamento Galego, para conseguir aquelas cousas nas que sempre soñamos.

Persoalmente quero asumir a responsabilidade deste resultado, como secretario xeral, como candidato, e quero dicir que me sinto orgulloso do traballo que fixemos todos. Fago esta asunción de responsabilidade con total serenidade, coa serenidade que me da a sensación de ter feito o que tiñamos que facer.

Polo tanto, dende esta serenidade quero abrir un escenario de profunda reflexión da nosa organización política, que a través dos órganos do partido, coa militancia e coa sociedade estableceremos ao longo das próximas datas.

Temos un obxectivo como bos socialistas: non desanimarnos nunca, seguir traballando, seguir crendo no que sempre defendemos e aceptar democraticamente os resultados deste pobo galego que decidiu escoller este camiño para os próximos anos.

Quero agradecerlle aos medios de comunicación, á xente que confiou en nós, a este partido que traballou, e dicirlle que cando se defende aquilo no que un cre non se desanima un nunca. As posibilidades seguen abertas, tardaremos mais ou menos, pero vamos a seguir traballando pola Galicia coa que sempre soñamos.

Responsabilidade, serenidade, profunda reflexión para tratar de acadar o camiño que nos permita recuperar a confianza de tantos homes e mulleres que, aínda estando nunha situación desesperada, non foron capaces de ver en nós a solución a eses problemas.

Moitísimas grazas”.

32641281A

Artigos relacionados

2 Comentarios

  1. Socialista
    Outubro 22, 2012 a 15:19

    Estaba visto, fixestes o que vos dou a gana. Expulsastes os parlamentarios que valían algo. Non fixestes caso do decidido nas asambleas. Non se convocaron as primarias. As eleccións municipales foron un toque de atencion. As generales outro. En asturias e andalucía gobernamos por acordos e isto debeuno ter en conta o partido. Ahora tocou as autonomicas quedando noso partido ferido de extrema gravidade. Ou cambia algo ou ou o PSOE con unha historia de mais de un siglo vai a desaparecer. Creo que é o momento do cambio. Tanto aquí como en España.

  2. francisco
    Outubro 22, 2012 a 15:33

    Esto e o que trae as divisions internas.

    Somos socialistas cada un coas suas opinions.

    Pero o consenso e primordial.

Deixar a resposta

Pechar