Decepcionante encontro de Feijóo cos gandeiros

Decepcionante encontro de Feijóo cos gandeiros

Decepcionante encontro de Feijóo cos gandeiros

O portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, cualificou hoxe de “decepcionante” a xuntanza dos gandeiros galegos co presidente da Xunta e a responsable do Medio Rural. Lamentou que o goberno galego “continúa mirando para fora, agardando que sexa o Ministerio quen lle solucione a papeleta” en lugar de “liderar a solución ao problema do leite”.

Subliñou que “estamos fartos de promesas e de diagnoses da situación, para iso xa temos as tertulias nos medios de comunicación, o que o leite galego necesita é dun presidente e dunha conselleira que asuman dunha vez as súas responsabilidades”.

Considera “lamentable” que “a única maneira de que o presidente da Xunta atenda aos gandeiros é sacar a mais da metade dos tractores á rúa e cercar San Caetano”, e “para iso, nunha xuntanza fora de axenda e na que evidenciou que o goberno galego non fixo absolutamente nada ata o momento”. “Agardamos solucións –engadiu- e agardamos que non sexa unha nova fuxida cara diante de Feijóo”.

García engadiu que “sabemos moi ben cal é a cuestión, trátase de que diante da desaparición dos límites de produción, a industria que compra o leite por debaixo do custe de produción e tanto Bruxelas como o Goberno néganse a subir o prezo de intervención do leite, mentres o goberno galego está a velas vir”.

Explicou que o resultado do encontro de hoxe non é mellor que o do Consello de Ministros de Agricultura da UE, e sinalou á ministra de Agricultura, que volveu do encontro “cos petos baleiros”, e á conselleira galega, que “non fixo nada para axudar aos produtores e fiou todo a unha xuntanza na que non tiñamos ningunha expectativa”.

García urxiu á ministra a “elaborar dunha vez por todas unha estratexia nacional propia para defender ao mercado deficitario que temos”. Tamén se dirixiu á conselleira de Medio Rural, quen “enterouse hai un mes de que tiñamos un problema”, e instouna a “deixar de agardar a que nos veñan resolver o problema e liderar dunha vez por todas” a acción política a favor do sector, asumindo que Galicia é o principal produtor de leite do Estado.

Criticou que o goberno galego continúe agardando que “alguén veña solucionar os problemas” que primeiro negaron e do que “agora se agochan, a ver se escampa”. O deputado socialista sinalou que Galicia, e polo tanto España, son os maiores produtores de leite que están a padecer unha “sobre crise” no sector lácteo, ao unir a súa delicada situación ao contexto de crise xeral.

Responsabilizou aos executivos central e autonómico da ausencia dunha estratexia nacional para aproveitar o mercado deficitario, xa que “tanto a conselleira como a ministra están agardando a que lles solucionen o problema aqueles que precisamente aproveitan a difícil situación dos gandeiros galegos.

Explicou que Francia acadou un acordo para fixar o prezo do leite a curto prazo en 0,34 céntimos “precisamente grazas a que España non fai o mesmo”. A conselleira e a ministra “continúan mirando para outro lado agardando unha axuda a pesares de que en Galicia vendamos o leite a 0,27 e en moitos casos a 0,20.

Iniciativa parlamentaria

Adiantou que na xuntanza da Comisión de Agricultura do próximo venres preguntaralle ao goberno si logo de comprobar que o único recurso que tiña a Xunta era “agardar a esta xuntanza de Bruxelas”, e si, logo de ver os resultados catastróficos, “dunha vez por todas vai asumir este problema como seu ou vai seguir sen dar resposta aos milleiros de gandeiros que están nas rúas.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar