Cumprimento da Lei de Cadea Alimentaria na defensa dos viticultores

Cumprimento da Lei de Cadea Alimentaria na defensa dos viticultores

Cumprimento da Lei de Cadea Alimentaria na defensa dos viticultores

vendimia manualO portavoz de Agricultura do Grupo Socialista, Pablo García, esixiulle hoxe á Xunta que garanta o cumprimento da Lei de Cadea Alimentaria na protección aos viticultores, nomeadamente nos pagos e os contratos de comercialización. Así o dixo no debate dunha pregunta oral na Comisión de Agricultura celebrada hoxe no Parlamento.

O responsable socialista advertiu de casos que aínda pagaron o mes pasado a uva recollida en 2011, e reclamoulle ao goberno galego medidas efectivas que garantan o cumprimento da Lei, que impón un prazo de 30 días para os pagos. Criticou que a Xunta “prefire ampliar os prazos en lugar de garantir financiamento para os pagos en tempo” amparando a unha industria que paga “con un e dous anos de retraso por sistema”.

Este modus operandi inclúe, advertiu, sistemáticas ameazas de non recollida de uva por sobreprodución “para ver ao final cómo recollen toda a produción forzando a caída dos prezos” ante a ameaza de tirar a produción. Acusou ao goberno galego por permitir o pago de uva entre 65 e 75 céntimos o quilo de uva cando os custes de produción sitúanse “por enriba dos 90 céntimos”.

Pediu que a Xunta articule se é preciso medidas de apoio para as adegas para que poidan ter liquidez para pagar os viticultores, o que non e admisible e que “estas se financien todos os anos cos cartos dos viticultores e a Xunta de Galicia non diga nada”

Contratos

Pablo García sinalou á falla de contratos homologados que garantan a recollida de uva a prezos razoables e co pago regulado, co que hoxe só hai en toda Galicia 84 contratos asinados correspondentes a dúas das cinco denominacións de orixe rexistradas.

Reclamoulle ao goberno galego que garanta que as partidas destinadas á produción de uva, que son unha das poucas que se mantiveron en toda a época dos recortes, sexan utilizadas para mellorar as condicións dos viticultores. Denunciou que o apoio do goberno fica estancado na industria, que recibe axudas á comercialización e á exportación sen que isto redunde nos prezos pagados ó produtor.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar