Cumprimento da legalidade para frear a venda das centrais de Ferroatlántica

Cumprimento da legalidade para frear a venda das centrais de Ferroatlántica

Cumprimento da legalidade para frear a venda das centrais de Ferroatlántica

A parlamentaria socialista Loli Toja esixiulle hoxe ao goberno galego que “garanta o cumprimento da legalidade” impedindo a segregación das centrais de Ferroatlántica nos ríos Xallas e Grande. A responsable socialista anunciou unha batería de iniciativas para pedirlle á Xunta que garanta a continuidade das explotacións e explique a súa postura diante da solicitude da empresa.

Sinalou que o goberno galego está obrigado non só a “cumprir a Lei”, senón tamén a responder do mandato do Parlamento de Galicia, que a finais do mes de febreiro aprobou, tamén co voto do PP, en dúas sesións consecutivas de Comisión e Pleno, dúas iniciativas idénticas presentadas polos socialistas galegos en defensa da factoría.

A responsable socialista criticou a “desfachatez” demostrada polo goberno galego, que ata hai cuestión de horas continuaran negando unha operación de venda das centrais que “era un clamor, como se ven de demostrar onte mesmo”.

Esixiulle que “deixen de tratar con desprezo a unha comarca e aos 400 traballadores dunhas explotacións que constitúen “o seguro de vida da comarca, se mire como se mire”. Estas explotan os recursos naturais da Costa da Morte, utilizan un terreo e uns recursos declarados de utilidade pública e dispoñen dun Porto –o de Brens- practicamente específico.

Os socialistas galegos lembra que a concesión, aínda vixente, establece como condicións que non poidan segregarse de Ferroatlántica as actividades de ferroaliaxe e produción de enerxía eléctrica polas centrais. Sinala que o Parlamento acordou por unanimidade esixirlle ao goberno galego que manteña as condicións asinadas na concesión, ademais de manter a actividade produtiva e os postos de traballo.

Comparecencia

Os socialistas presentaron hoxe unha solicitude de comparecencia do conselleiro de Industria, Economía e Emprego, conxuntamente cos grupos de Marea e BNG, para demandarlle que explique a súa postura logo da presentación oficial por parte de Ferroatlántica, diante de Augas de Galicia, da solicitude de segregación das centrais.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar