Cumpre recoñecer o ensino das Aulas Mentor a distancia a efectos de créditos universitarios e sexenios do profesorado

Cumpre recoñecer o ensino das Aulas Mentor a distancia a efectos de créditos universitarios e sexenios do profesorado

O portavoz de Educación do Grupo Socialista, Vicente Docasar, vén de reclamarlle “sentidiño común e vontade política” ao conselleiro de Educación para validar os cursos a distancia da Aula Mentor a efectos de consolidación dos sexenios do profesorado e da validación de créditos dos estudantes universitarios. Docasar presentou unha pregunta oral na Comisión de Educación celebrada hoxe no Parlamento.

O responsable socialista considera “un auténtico desperdicio” non utilizar unha rede de aulas Mentor espallada por toda Galicia que beneficiaría potencialmente a un colectivo máis de de 30.000 profesores e profesoras dispostos a utilizar esta ferramenta formativa. Propuxo “unha solución racional” para que a Xunta filtre, xunto co Ministerio de Educación, os cursos aos que se podería aplicar esta consideración, e fundamentalmente aos relacionados coas novas tecnoloxías.

Cualificou de “escusas de mal pagador” a resistencia do goberno galego a tomar unha decisión que beneficiaría a un colectivo moi amplo que está a padecer os recortes do goberno de Feijóo sen obter nada a cambio e que, ademais, “suporía unha decisión sen custe orzamentario algún”.

156 cursos

Docasar lembra que as denominadas Aulas Mentor forman parte dun programa xestionado polo Ministerio de Educación en colaboración coas consellerías de Educación e os concellos, e que conta cunha rede de 26 aulas espalladas por toda Galicia -13 na Coruña, 4 en Lugo, 2 en Ourense e 7 en Pontevedra-.

Estas ofrecen 156 cursos distintos organizados en 16 bloques temáticos “aumentando nos últimos tempos de maneira moi importante a oferta de novos cursos vinculados ás novas tecnoloxías”, que son impartidos “a prezos asequibles para todo tipo de petos”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar