Cumper renovar ao Valedor do Pobo logo de un ano de interinidade

Cumper renovar ao Valedor do Pobo logo de un ano de interinidade

Cumper renovar ao Valedor do Pobo logo de un ano de interinidade

A portavoz do Grupo Socialista, Patricia Vilán, instou a iniciar o proceso de substitución do Valedor do Pobo, logo de que o actual xa teña cumprido un ano en situación de interinidade pola renuncia de Benigno López. Así o dixo na presentación do informe correspondente ao ano 2012, que tivo lugar hoxe en Comisión parlamentaria.

Vilán lembroulle ao actual valedor, José Julio Fernández, que o Valedor “ha de selo do pobo, dos dereitos dos cidadáns, non o Valedor do presidente da Xunta”. Así o dixo logo dos comentarios exculpatorios o Valedor interino sobre as fotografías que constataban a amizade do actual presidente da Xunta co narcotraficante Marcial Dorado cando Feijóo era o máximo responsable do Sergas.

A responsable socialista puntualizou que logo de un ano de actividade, “xa é tempo de proceder ao seu cambio” toda vez que a Lei do Valedor puntualiza que o proceso de elección dun novo responsable desta Oficina deberá iniciarse nun prazo “non superior a un mes” logo da renuncia do anterior.

Salientou sen embargo que no informe presentado hoxe “votamos en falla que non haxa un apartado específico para a muller” logo dos retrocesos constatados en dereitos e igualdade das mulleres. Así, puntualizou os problemas de aplicación da Lei de Saúde Sexual e Reprodutiva e da Interrupción Voluntaria do Embarazo, así como polo desmantelamento dos Centros de Orientación Familiar pola Xunta de Feijóo.

Neste sentido, A parlamentaria socialista afeoulle que teña iniciado tan só 36 queixas de oficio en todo un ano, 3 por mes, o que “semella unha broma nos tempos convulsos que estamos a vivir”.

Vilán reclamou a apertura dunha investigación á Xunta de Galicia sobre a mina proxectada en Corcoesto –Cabana de Bergantiños-, que os socialistas formalizaron o pasado 15 de maio, logo de que a propia Defensora do Pobo iniciara un procedemento de oficio “alarmada polos informes que se manexan”.

A parlamentaria socialista advertiu que en relación co medio ambiente o Valedor en funcións só tivo a ben falar dos problemas acústicos, mentres reserva apenas 9 liñas dun informe de 961 á Mina de Corcoesto, para salientar o “considerable número de queixas” recibido en contra da instalación, o que tampouco suscitou un informe de oficio.

Desafiuzamentos e preferentes

Vilán salientou que o Valedor teña criticado a actuación das entidades financeiras diante da problemática dos desafiuzamentos, e que estime a dación en pago como unha solución xusta.

A parlamentaria socialista coincidiu co Valedor interino na necesidade de arbitrar medias para que os afectados polos procedementos de execución hipotecaria teñan acceso a unha vivenda mediante aluguer social, recomendando ademais un fondo social de vivendas tal e como foi realizado en Andalucía por un goberno socialista.

Ademais, o informe salienta a necesidade de control de oficio sobre as cláusulas abusivas e os intereses moratorios. Patricia Vilán reclamoulle ademais que diga os datos recabados sobre a estafa das participacións preferentes e obrigas subordinadas, un dos poucos expedientes de oficio aberto por unha situación que afecta entre 70.000 e 100.000 persoas.

Servizos sociais

A responsable socialista salientou que o informe teña advertido sobre a redución de unidades e maestros nas escolas rurais, que foi mais alá do que permite a normativa, vulnerando o dereito constitucional fundamental á igualdade e a unha educación de calidade, ademais de que produce o despoboamento das zonas rurais en canto os pais optan por escolarizar fóra das escolas rurais.

Sen embargo, reclamou unha análise do impacto da supresión da gratuidade dos libros de texto, e elude a perda de comedor escolar gratuíto para nenos e nenas que residan a mais de dous quilómetros da escola e reclamoulle que o inclúa no próximo informe, así como o impacto da supresión de bolsas.

Vilán discrepou do informe sen embargo cando nega os problemas do transporte escolar, e dixo que “non se pode falar de que o esforzo de xestión para optimizar os recursos e manter as prestacións foi moi grande”.

En materia de sanidade, amosa a súa sorpresa sobre o feito de que o Valedor anuncie un descenso nas esperas para consultas pero recoñeza que os datos son incompletos, mentres en espera cirúrxica as esperas continúan aumentando mentres o 68 por cento do total de pacientes trasladados pola Xunta son dirixidos ao hospital privado Povisa.

Tamén sinalou que o Valedor eludiu a rebaixa do 5 por cento dos salarios aos empregados públicos, incluíndo aos prexubilados, “nin da supresión das pagas extraordinarias no ano 2012”, malia a proliferación de sentenzas xudiciais sobre a ilegalidade da medida.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar