Cuestión de inconstitucionalidade contra o taxazo de Sogama

Cuestión de inconstitucionalidade contra o taxazo de Sogama

Cuestión de inconstitucionalidade contra o taxazo de Sogama

alcaldes_sogamaA portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Patricia Vilán, esíxelle á Xunta a derrogación da suba do canon de Sogama dende 2014 e a devolución das contías cobradas de mais aos concellos. Así o dixo logo de que o xulgado de Ourense dera a razón ao ex alcalde de Piñor, o socialista Francisco José Fraga Civeira, presentando unha cuestión de inconstitucionalidade diante do Tribunal Constitucional.

O Xulgado nº1 de Ourense, sinala Vilán, vén de confirmar as sospeitas dos socialistas galegos fronte ao canon e decidiu remitirlle ao Tribunal Constitucional unha decisión “inxusta e inconstitucional” do goberno galego. Explica que esta decisión do xulgado da a razón ao Concello fronte á denuncia imposta pola Xunta contra Piñor logo de que o alcalde se negar a abonar o dito taxazo.

A responsable socialista sinala que a xustiza vén confirmar unha actuación “gravísima” por parte do goberno galego, que vulnera a autonomía municipal e o principio da tutela xudicial efectiva impedindo que os afectados poidan recorrer á xustiza fronte a unha suba do canon unilateral e sen xustificar.

Vilán advirte que esta decisión confirma tamén que o goberno galego impúxolles aos concellos galegos os custes da súa mala xestión á fronte de Sogama. A suba do canon, dun 33,5 por cento en 2014, aínda que fora rebaixado despois apenas un 10 por cento, responde unicamente á necesidade de afrontar unha débeda de 58 millóns e a ampliación das instalacións de Cerceda, por importe de 30 millóns de euros.

A suba foi “inxusta, inxustificada e desproporcionada”, ademais de que, de acordo co Xulgado de Ourense, supuxo un incremento “directo e unilateral (...) sen a menor explicación, sen previa audiencia ás administracións locais afectadas e sen posibilidade de control pola xurisdicción contencioso – administrativa”.

Ao ser aplicado a través da Lei de Orzamentos, impide que os concellos afectados presenten un recurso diante da xustiza, ao tempo que “afecta ao contido esencial dun servizo público de titularidade municipal”, ao tomar unha decisión administrativa “con forma de Lei”, segundo o xulgado, eliminando calquera marxe de autonomía aos concellos.

Segundo o maxistrado de Ourense, o taxazo imposto polo goberno galego vai contra varios artigos da Constitución, en concreto os 9.3, 24.1, 103, 105, 106, 137, 140, 149.1.18, do artigo 134.2, en relación co 53.1 do Estatuto, así como da normativa estatal básica sobre contratos públicos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar