Cualifican os datos de atención á dependencia de “ocorrencia” e “insulto aos máis de 43.000 dependentes en espera”

Cualifican os datos de atención á dependencia de “ocorrencia” e “insulto aos máis de 43.000 dependentes en espera”

Cualifican os datos de atención á dependencia de “ocorrencia” e “insulto aos máis de 43.000 dependentes en espera”

A portavoz de Políticas Sociais e Xustiza do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Beatriz Sestayo, dixo que os datos de atención á dependencia ofrecidos pola conselleira de Traballo e Benestar constitúen un “insulto aos máis de 43.000 galegos dependentes que están en espera. Esixiu á conselleira que compareza no Parlamento e fale “con rigor” dos datos de dependencia.

Sestayo sinalou que a conselleira “levántase cada semana cunha ocorrencia nova, e a de hoxe foi que recibindo 1.100 solicitudes e resolvendo 1.200 ao mes Galicia sigamos sendo a segunda autonomía en dependentes en espera”. Cualificou de “aberración” os datos presentados pola Xunta e criticou que “pensen que a cidadanía galega está pendente dunha idea cada vez máis descabellada por parte da conselleira Mato”.

A responsable socialista lembrou que, de acordo cos datos do PP, o goberno socialista rematou a pasada lexislatura con 16.000 dependentes, mentres hoxe suman xa 43.000, polo que “a conselleira debe facer cómo fai as súas contas”. Dixo que o balance triunfalista da Xunta constitúe un “insulto” para as familias de dependentes que levan dous anos esperando a que Feijóo cumpra coas súas promesas”.

Considerou “insólito” que Feijóo sexa “cómplice dunhas afirmacións tan lamentables” e esixiu unha rectificación pública do Goberno galego. Sestayo dixo que “en lugar de improvisar, a conselleira de Benestar debe comparecer no Parlamento e atender ás peticións reiteradas do Grupo socialista para falar con rigor destes datos”.

A parlamentaria socialista anunciou a presentación de novas iniciativas parlamentarias para que a Xunta traslade á Cámara autonómica a copia dos datos de atención á dependencia que presentan diante do Instituto de Servizos Sociais de Madrid, xa que “non coinciden cos que anuncia a conselleira, e queremos saber se menten ao Goberno de España, aos galegos e galegas ou a todos”.

Novos centros

Sestayo cualificou tamén de “indignante” que a Xunta teña suprimido a axuda domiciliaria gratuíta e universal para dependentes, que ata agora ofrecían a través dos concellos, para anunciar hoxe novos servizos de teleasistencia e axuda a domicilio “a través de centros privatizados” a disposición “unicamente de quen poida pagalos”.

A responsable socialista anunciou unha ofensiva de iniciativas parlamentarias sobre esta nova medida demostra a “axenda oculta do PP para converter os dereitos cidadáns básicos en artigos de luxo aos que terá acceso só quen teña renda suficiente para asumir o seu custo”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar