Cualifican o Plan Hidrolóxico da Xunta de “insuficiente” nos compromisos medioambientais e financeiros

Cualifican o Plan Hidrolóxico da Xunta de “insuficiente” nos compromisos medioambientais e financeiros

Cualifican o Plan Hidrolóxico da Xunta de “insuficiente” nos compromisos medioambientais e financeiros

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Carmen Gallego, dixo que o Plan Hidrolóxico de Galicia – Costa resulta “insuficiente” nos seus compromisos medioambientais e financeiros. Así o dixo na comparecencia do presidente de Augas de Galicia para presentar o devandito plan na Comisión de Medio Ambiente do Parlamento.

Gallego reclamou así á Xunta unha “mellor información, máis concreción nos obxectivos e as formas de medilos, e un programa de medidas acorde aos obxectivos previstos para que así tódolos grupos poidamos apoialo”. Neste sentido reclamou a incorporación das alegacións presentadas polos socialistas ao documento para permitir acadar un bo estado ecolóxico das augas e cumprir cos obxectivos da Directiva Marco da Auga en 2015.

Sinalou así que os compromisos orzamentarios da Xunta resultan “absolutamente insuficientes” para cumprir co programa de medidas, e sinalou que as reducións de 23,5 millóns de euros nos orzamentos da Xunta para Planificacións e xestión hidrolóxica e outros 170 para infraestruturas e xestión de abastecemento e saneamento fan “francamente difícil” que acade os obxectivos previstos.

A responsable socialista dixo tamén que o Plan resulta “insuficiente” na definición de caudais ecolóxicos, xa que “só fala dos caudais mínimos”, o que impide comezar o proceso de concertación das centrais hidroeléctricas xa implantadas e que estas incorporen estes requisitos. Tamén advertiu que, entre as eivas deste documento, carece dos necesarios plans de secas e enchas dos ríos galegos.

Gallego evidenciou a “falla máis que evidente de estudos que definan a realidade da situación actual en tódolos ámbitos do Plan Hidrolóxico” nun documento “con base técnica claramente insuficiente”. Sinalou tamén a “insuficiencia de obxectivos de reutilización da auga para favorecer o aforro e a eficacia no uso deste recurso, mentres carece de boa información sobre os usos das augas”.

Minicentrais

Gallego esixiu á Xunta que garanta o cumprimento do acordo parlamentario para declarar os ríos galegos como libres de explotacións hidroeléctricas, paralizando a construción das 33 novas minicentrais comprometidas polo goberno de Feijóo. Advertiu que “pretenden deixar a porta aberta a aquelas minicentrais que puideran salvar os requisitos medioambientais” polo que esixiu que “non haxa resquicios” para a súa continuidade.

Ademais, considerou “improcedente” que o Plan presentado pola Xunta declare que os usos hidroeléctricos teñen “prevalencia” sobre os usos acuícolas dos ríos, cando a porcentaxe da enerxía eléctrica que produce Galicia a través de minicentrais constitúe só o 2,3 por cento do total.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar