Cualifican o Informe de Xestión de 2011 da CRTVG de autocompracente e critican que os servizos informativos se rixan por criterios partidarios

Cualifican o Informe de Xestión de 2011 da CRTVG de autocompracente e critican que os servizos informativos se rixan por criterios partidarios

Cualifican o Informe de Xestión de 2011 da CRTVG de autocompracente e critican que os servizos informativos se rixan por criterios partidarios

O parlamentario socialista, Juan Carlos Francisco Rivera, cualificou o Informe de Xestión da CRTVG de 2011 como “autocompracente en exceso e carente da máis mínima autocrítica con respecto ás numerosas eivas e continxencias producidas en diversos departamentos”. E así o explicou ao seu director, Alfonso Sánchez Izquierdo, na comisión parlamentaria de seguimento desta compañía.

Chama a atención do deputado do PSdeG que mentres o Parlamento Galego aprobaba en novembro do 2011 a nova Lei dos medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, “que garante os valores do pluralismo, veracidade e accesibilidade co fin de contribuir a unha opinión pública informada”, os Servizos Informativos “seguen rexíndose por criterios netamente partidarios, pouco consubstanciais cos preceptos garantidos nesta lei”, acusou Francisco Rivera.

“Bótase en falta que non se tivese dado paso algún para facer realidade o espíritu e a letra desta lei, que garante a independencia, obxectividade e veracidade da información” continuou o parlamentario socialista. Recriminou tamén a Sánchez Izquierdo que non se teña avanzado absolutamente nada na posibilidade que contempla esta nova lei, como é a creación dun consello de informativos.

Reprochan os socialistas que apenas se mencionen os “problemas estruturais propios” e as medidas tomadas ou que hai que tomar para solucionalos. Neste sentido, o socialista sinalou que as “eivas máis importantes da xestión da CRTVG non proveñen de factores externos, senón endóxenos”.

Juan Carlos Francisco tildou a xestión do 2011, como a dos dous anos precedentes, de “mero exercicio de equilibrio contable”, recortando paulatinamente nos capítulos que atinxen á modernización tecnolóxica e á calidade da programación, que son os capítulos referidos a Compras e Dixitalización.

Salientaou o feito de que no propio Informe de Xestión se recoñeza que as grandes coordenadas do financiamento do Ente público, como son as achegas da Comunidade Autónoma e as do mercado publicitario, viven unha fase decrecente que se estende xa por terceiro ano consecutivo e obrigan a consolidar determinadas actuacións de restrición no gasto na CRTVG como non acontecera nos seus 26 anos de historia.

Dada a porcentaxe que alcanzaron nos orzamentos da CRTVG e a súas sociedades as achegas transferidas dos Orzamentos Xerais da Comunidade Autónoma, critican que isto non tivese reflexo na programación, “no sentido de respecta-los principios de pluralismo político e social, obxectividade, veracidade e imparcialidade das informacións”, explica o Francisco Rivera.

Os socialistas recriminaron ao director do Ente a infrautilización dos recursos humanos e medios técnicos da CRTVG e das sociedades dela dependentes e a falta de accións formativas para mellorar a calidade dos contidos.

Os socialistas esixen á dirección da CRTVG unha maior porcentaxe de programas de produción propia (considerada en sentido estricto) e que esas producións estivesen dotadas dunha maior calidade, dirixidas fundamentalmente á prestación dun servicio público, etc.

Juan Carlos Francisco denunciou que os gastos nos que incorreron os medios públicos de comunicación galegos, cifrados en 119.419.858,71 €, “non son acordes co servizo público prestado durante a anualidade.

Finalmente, reclamou a remisión ao Parlamento do Mandato Marco do ente “cumprindo os prazos previstos legalmente, ao obxecto de definir a concepción de servizo público que ten encomendada a CRTVG”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar