Cualifican o acordo do Consello de Ministros de Pesca de “decepcionante e claramente malo” para Galicia

Cualifican o acordo do Consello de Ministros de Pesca de “decepcionante e claramente malo” para Galicia

Cualifican o acordo do Consello de Ministros de Pesca de “decepcionante e claramente malo” para Galicia

Marisol Soneira considera “incomprensible” a satisfacción da conselleira de Pesca cando “deixa a pesca de Galicia na mesma ou peor situación que antes”

Repróchalle á Xunta que “non puxera sobre a mesa os grandes temas que marxinan á pesca española e galega” como a estabilidade relativa, TACs e cotas, marisqueo ou flota artesanal

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, dixo que o acordo do Consello de Ministros de Pesca celebrado onte en Luxemburgo resulta “decepcionante e claramente malo” para a pesca e o marisqueo de Galicia. Soneira cualificou de “incomprensible” a satisfacción amosada pola conselleira de Pesca da Xunta cando “deixa a pesca de Galicia na mesma ou peor situación”.

Soneira explicou que estes acordos “non só non melloran o estado actual das cousas, senón que, nalgún dos seus aspectos, poden empeorar gravemente os intereses pesqueiros e marisqueiros de Galicia e España”. Advertiu que “seguen sen abordarse os temas de fondo que dan lugar a que, na práctica, a pesca española estea discriminada con respecto a outras ou que o sector permaneza excluído.

Reprochoulle á Xunta que non foran abordados temas “fundamentais para os nosos intereses pesqueiros” como son a estabilidade relativa, a xestión a través de TACs e cotas, a indefinición sobre a xestión dos descartes nos caladoiros multiespecíficos e o seu peso sobre a cota asignada a cada país e especie.

Engadiu que esta conclusión “esquécese de case 5.000 persoas que exercen o marisqueo a pé, ningunea a flota artesanal, que é a que mais emprego e actividade xera no noso litoral, e impide a transferencia de dereitos de pesca entre países que permitira mellorar as posibilidades de pesca de España en determinadas especies”.

Soneira lamentou a “satisfacción” amosada pola conselleira diante duns acordos “claramente insuficientes e que se afastan moito da posición acordada onte no Parlamento de Galicia. Dixo que a Xunta “confórmase con dar un lixeiro barniz á proposta feita pola comisaria Damanaki, que “significa o maior perigo existente para a pesca e o marisqueo galegos”.

Advertiu que estes acordos, de non mudarse nos seus aspectos fundamentais no Parlamento Europeo, significará a práctica desaparición dunha parte moi importante da nosa pesca e do noso marisqueo.

Falla de concreción

Considera ademais que os que foron presentados como “logros” polo ministro Cañete e a conselleira Quintana “adolecen dunha falla de concreción que asusta”, e aludiu así por exemplo á indefinición sobre o incremento das cotas para cubrir a parte destinada aos descartes que haberá que desembarcar. En caso contrario, sinala que elude explicar a situación de segmentos de flota que hoxe dispoñen dunha “cota ridícula”.

Engade que a UE non explicou os criterios sobre os que será feita a asignación de cotas en especies e caladoiros que carecen de estudos científicos concluíntes, ou si os milleiros de homes e mulleres que non necesitan dun “artefacto flotante” para o exercicio da súa profesión seguirán excluídos da PCP.

Tamén sinalou que a xuntanza eludiu concluír os recursos destinados á modernización da flota artesanal, si haberá discriminación positiva para os países, como o caso de España, que teñen feito un esforzo inxente para adaptar a flota aos recursos existentes, e si continuarán permitindo a entrada de produtos pesqueiros de países de fora da UE que non respectan os estándares de calidade, hixiene e condicións laborais.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar