Cualifican de “pantomima esperpéntica” o papel de Feijóo no naval de Ferrolterra

Cualifican de “pantomima esperpéntica” o papel de Feijóo no naval de Ferrolterra

Cualifican de “pantomima esperpéntica” o papel de Feijóo no naval de Ferrolterra

Beatriz Sestayo esíxelle a Feijóo que “se faga respectar” diante da Sepi e “cumpra coa súa palabra”

A parlamentaria ferrolá Beatriz Sestayo cualificou de “pantomima esperpéntica” a xuntanza da Comisión de Seguimento so naval celebrada hoxe en Ferrol coa participación de representantes da Sepi e da Xunta de Galicia. A parlamentaria esixiulle ao presidente da Xunta que “se faga respectar” diante da Sepi e que “cumpra coa súa palabra”.

Sestayo acusou a Feijóo de “hipócrita compulsivo” toda vez que, na xuntanza de hoxe, a Sepi “deixou en evidencia que todos os compromisos do presidente da Xunta cos estaleiros ferroláns son unha burda mentira”. Preguntouse “cómo pode permitirse que a Sepi afirme que non pode garantir viabilidade inmediata á carga de traballo para os estaleiros da ría, desmentindo ao presidente da Xunta, quen “non ten nada que dicir”.

Asemade, lembrou que o Diario de Sesións da Cámara autonómica recolle “punto por punto” que Feijóo comprometeu a súa palabra “co dique flotante ou con carga de traballo”. Malia este compromiso, o representante da Sepi admitiu hoxe que non compartía o informe de viabilidade encargado pola Xunta e co que comprometera a súa palabra o conselleiro Guerra “nun paripé de visita electoral” nos pasados comicios xerais.

Lembrou que este conselleiro da Xunta de Galicia, nomeado directamente por Feijóo, comprometeu que si Rajoy chegaba ao goberno, o dique se faría. Sestayo sinalou que mentres o PP “desfila por Ferrol con espectáculos circenses, existen 1.000 traballadores e traballadoras na rúa agardando ver cumpridas as promesas coa comarca mentres a sangría continúa”.

Considera que o “desprezo” de Feijóo cara Ferrol “é tan insultante que carece de valor para visitar esta cidade”. Sinalou que “Ferrolterra aínda está pendente do centro de reparacións nos estaleiros da ría que comprometeu coa súa palabra na campaña autonómica e do que “non hai nin un só debuxo”.

Beatriz Sestayo esixiu responsabilidades “xa” da Xunta de Galicia, e advertiu que “Feijóo é a marioneta de Rajoy, e Rajoy é o xoguete de Merkel, mentres o alcalde de Ferrol agóchase sen ter nada que dicir para defender á súa cidade”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar