Cualifican as políticas sociais de Feijóo como “un terrible vendaval que arrasa Galicia”

Cualifican as políticas sociais de Feijóo como “un terrible vendaval que arrasa Galicia”

Cualifican as políticas sociais de Feijóo como “un terrible vendaval que arrasa Galicia”

A portavoz de Políticas Sociais do Grupo Parlamentario do PSdeG-PSOE Beatriz Sestayo interveu no Pleno da Cámara para interpelar ao Goberno de Feijoo sobre as promesas de Feijoo para crear 10.000 postos de traballo cada ano dende o 2010-2011-2012. Alí denunciou as políticas da Conselleira de Traballo e Benestar e cualificounas como “un terrible vendaval que está arrasando Galicia”. E engadiu “o PP é o creador da pobreza e das diferencias sociais, e ademais están orgullosos desto”.

Sestayo lembrou na súa intervención o famoso contrato de Feijoo con Galicia, e co que hoxe se pode constatar “que está incumprido”.

A deputada socialista cualificou a folla de ruta do PP “de magnífico exemplo da burla á cidadanía galega, a este Parlamento, da falla de rigor,de traballo, de frivolidade do desmantelamento permanente, cruel e progresivo das políticas públicas sociais”, proclamou.

E insistiu nas súas criticas e cualificou as políticas sociais como “antipáticas”, e asevera que o Partido Popular “atropela sen piedade os dereitos sociais transformándoos en agasallos arbitrarios disfrazados de beneficencia, tan propia do sistema vertical e non da solidariedade”, espetou.

A portavoz socialista denunciou os recortes nas políticas sociais do Goberno de Feijoo. E aludiu ao investimento en infraestructuras sociais que caeu un 60% respecto aos anos anteriores, 13 puntos máis que a media do investimento no Goberno Galego. Advirte tamén que Galicia está á cola de España na atención á Dependencia, e unhas cifras de perto de 50..000 persoas esperando a que a Xunta cumpra os seus famosos compromisos. Denuncia que o PP desmantelou as oficinas de Inclusión Social das grandes cidades e do Consorcio das Mariñas, e boicotearon as oficinas de Inmigración.

Advertiu tamén do golpe de morte á atención domiciliaria do AD na orde de 3 de marzo excluíndo dar novas altas de axudas domiciliaria, e do recorte do Plan concertado e privatizado as infraestructuras sociais e destruíndo programas.

Afirma que constituíron programas de cooperación nun arma política de reparto caciquil e de destrucción de postos de traballo social. E tamén fixeron desaparecer os postos referidos á cooperación, solidariedade e voluntariado nos concellos.

Sestayo reclamou explicacións polo anuncio feito polo Presidente da Xunta no que dixo que se ían a crear no ano 2010 en Galicia 9.500 postos de traballo en infraestructuras sociais, di que os profesionais deste campo “quedan absolutamente perplexos con estas cifras”.

1.300 postos

Coas cifras na man asegurou que os datos do IGE sobre afiliacións á Seguridade Social, xunto coas altas específicas aos epígrafes da CNAE (Clasificación Nacional de Actividades Económicas ) relacionados con temas sociais (collemos pois os códigos 87 e 88 sendo benévolos) e sumando tódolos postos de traballo públicos e privados en toda Galicia aparécennos 1300 postos de traballo creados. E engadiu “de ónde saen eses 9500 postos creados pola Xunta de Galicia?”.

E lembrou que o Presidente da Xunta anunciou que crearía “novas profesións para combater o paro”. E concluíu “son os lideres da política virtual, pero existe unha Galicia real, persoas reais que sofren as súas mentiras e os seus anuncios”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar