Cualifican a Rede de Dinamización Lingüística de “propaganda, autobombo e arma electoral bastante burda”

Cualifican a Rede de Dinamización Lingüística de “propaganda, autobombo e arma electoral bastante burda”

Cualifican a Rede de Dinamización Lingüística de “propaganda, autobombo e arma electoral bastante burda”

O portavoz de Lingua do Grupo Parlamentario dos Socialistas de Galicia, Francisco Cerviño, cualificou a Rede de Dinamización Lingüística da Xunta de “instrumento de propaganda, autobombo e arma electoral bastante burda”. Así o dixo na comparecencia do secretario xeral de Política Lingüística para presentar a devandita iniciativa na Comisión de Educación.

Cerviño cualificou a Rede de “buñuelo de vento” porque carece de orzamento e resulta “simplemente poñer un lazo vistoso” para “contrarrestar a política devastadora sobre a lingua galega” que está a executar o goberno de Feijóo. Dixo que compareceu hoxe no Parlamento logo do “erro monumental” da súa última comparecencia en contra do uso do galego.

O responsable socialista dixo que a rede constitúe “pura propaganda que non ten un euro consignado no orzamento” máis alá dos “antigos cartos destinados a Normalización Lingüística pero reducidos”.

Arma electoral

Criticou que a Xunta tente converter esta iniciativa nunha “arma electoral de apoio aos alcaldes do PP” xa que beneficia principalmente aos concellos e deputacións provinciais gobernadas por este partido. Ademais explicou que a Rede constitúe unha iniciativa que trata de “lavar a mala imaxe que teñen vostedes en política lingüística poñéndolle o perifollo dun protocolo de colaboración”.

O responsable socialista sinalou que a orixe desta iniciativa é aplacar a súa “preocupación” polo electorado urbano que non ve respectada a súa liberdade lingüística para escoller o galego como lingua vehicular para os seus fillos. Advertiu que o PP ten o “perigo de enaxenar o voto centrista urbano que ve mal a súa agresión á lingua galega e a ruptura do consenso histórico”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar