Critican que o PPdeG utilice o “rodillo” para evitar a comparecencia de Feijóo no Parlamento

Critican que o PPdeG utilice o “rodillo” para evitar a comparecencia de Feijóo no Parlamento

Critican que o PPdeG utilice o “rodillo” para evitar a comparecencia de Feijóo no Parlamento

Pachi Vázquez utilizará a sesión de control para que o presidente da Xunta explique as súas medidas diante da situación socioeconómica de Galicia

O portavoz do Grupo Socialista, Abel Losada, criticou que o PPdeG utilizara o “rodillo” da súa maioría parlamentaria para impedir a comparecencia de Feijóo no Parlamento para dar conta dos recortes en sanidade e educación e explicar as medidas contra a crise “cando hai 276.000 parados e paradas e Galicia está oficialmente en recesión económica”.

Losada explicou, logo da Xunta de Portavoces, que o PPdeG oponse a “dar a cara” diante dunha “situación límite” para a economía de milleiros de galegos e galegas. Explicou que esta solicitude de comparecencia conxunta entre socialistas e BNG é solicitada por “37 deputados e deputadas –cando o mínimo necesario é de 15- que representan a 5.000 votos mais dos que acadou o PP nas pasadas eleccións autonómicas”.

Sinalou que, diante desta negativa do PP, o líder dos socialistas galegos utilizará a sesión de control do próximo Pleno para esixirlle ao presidente da Xunta que dea conta das súas “supostas medidas” diante da grave situación socioeconómica de Galicia. Explicou que as políticas do PP supuxeron un recorte de mais de 900 millóns de euros só en sanidade e educación nos tres anos de goberno de Feijóo.

Losada engadiu que este recorte situou aos galegos e galegas nunha situación socioeconómica “dramática” que aínda continúa malia o que tivera dito o presidente da Xunta, logo do recorte de 400 millóns adicionais previsto polas últimas decisións do goberno de Rajoy. Dixo que Feijóo “debe dar conta das medidas previstas para minorar o impacto duns recortes que afectan ao equilibro socioeconómico de Galicia”.

ERE´s

O responsable socialista anunciou que o próximo Pleno do Parlamento incluirá unha moción socialista diante dos abusos nos ERE´s de Galicia para que Feijóo “deixe de apoiar ao eslabón mais forte da cadea”. Tamén será incluída unha moción socialista para que a Xunta se comprometa coa resolución da fraude das participacións preferentes por parte de NGB.

Tamén será incluída unha pregunta oral para que a Xunta dea conta das súas actuación na inspección das actividades da inmobiliaria Geslander, propiedade do ex alcalde de Santiago, o “popular” Conde Roa. Dixo que o PP está “radicalmente equivocado” no seu “xogo ao vitimismo” porque “si son perseguidos xudicialmente é por sobreprezos en vivendas en Navia –Vigo-, por ocupar espazo de protección marítimo-terrestre en Sanxenxo ou por quedarse co IVE das vivendas”.

Os socialistas tamén dedicarán unha serie de iniciativas á defensa dos servizos públicos cunha proposición non de Lei contra dos recortes nas prestacións asistenciais para unha Comunidade Autónoma como Galicia, coa poboación mais envellecida e as pensións mais baixas. Tamén será analizado o recorte radical do Plan Concertado de Servizos Sociais por parte da Xunta na súa estratexia de “recortes aos eslabóns máis débiles”.

O Pleno incluirá unha interpelación socialista sobre os recortes en educación, que vulneran a igualdade de oportunidades e empeoran a produtividade do capital humano, co que “son fame para hoxe e fame para mañá”. Tamén será incluída unha pregunta sobre o centro de atención a discapacitados de Caldas de Reis.

Finalmente, os socialistas incluirán dúas proposicións non de Lei para esixir a Povisa que dea un servizo equitativo ás 120.000 persoas da área de Vigo que teñen como centro de referencia este hospital privado e sobre a necesidade dun Plan de Normalización Lingüística que incentive o uso do galego nos medios de comunicación.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar