Critican que o PPdeG teña rexeitado no Parlamento unha moción socialista para que a Xunta promova solucións á fraude das preferentes

Critican que o PPdeG teña rexeitado no Parlamento unha moción socialista para que a Xunta promova solucións á fraude das preferentes

Critican que o PPdeG teña rexeitado no Parlamento unha moción socialista para que a Xunta promova solucións á fraude das preferentes

Juan Carlos Francisco evidencia que “nin a Xunta nin o goberno central tiveron ningún contacto para plantexar unha proposta de solución á Comisión Europea”

Reclama “que se acaben os eslóganes” e esixe á Xunta “solucións sensatas e viables” para os 43.000 galegos e galegas afectados polas preferentes de NGB

O parlamentario socialista Juan Carlos Francisco criticou hoxe que o PP teña rexeitado hoxe no Parlamento unha moción socialista para que a Xunta promova solucións á fraude das preferentes. O responsable socialista lamentou que o PP e o goberno galego se teñan oposto a solucionar a situación de 43.000 galegos e galegas presentando unha proposta “sensata de viabilidade”.

A proposta socialista reclamaba á Xunta a promover que calquera cambio na situación accionarial da entidade estivera supeditada “á previa solución da fraude das preferentes, con amortización polo valor nominal do importe subscrito”. Lamentou que o PP rexeitara en contra tamén de dirixirse ao FROB, ao Banco de España, á CNMV e ao Goberno para garantir o cumprimento deste punto.

Os socialistas galegos solicitaron tamén que a Xunta se dirixa á Comisión Europea “para que preste, de ser o caso, as autorizacións pertinentes cara a facultar a devolución íntegra dos cartos aos afectados, sexa cal sexa o futuro accionarial de NGB”.

O responsable socialista esixiulle á Xunta unha proposta de solución para a fraude das participacións preferentes de NGB que ten afectado a 43.000 galegos e galegas que non poden acceder aos seus aforros. Lembrou que esta entidade “a día de hoxe é a única entidade que opera en Galicia que non ten ofrecido ningunha proposta de solución aos seus clientes”.

Sinalou que “é tempo de que se acaben os eslóganes” e chamou a “facer política” para solucionar un conflito que pon en cuestión seriamente a confianza e a credibilidade dunha entidade bancaria. Advertiu que “pouco futuro pode ter unha entidade que aspira a seguir gozando da confianza dos seus depositantes en Galicia” cando mantén miles de millóns de euros defraudados e bloqueados.

Esixiu así unha “solución unánime” para resolver a situación das participacións preferentes “previo á subhasta da entidade”. Reclamou a intervención dos gobernos galego e central máxime “cando estamos a ver cómo sae nos medios que determinada entidade vai recibir 7.000 millóns de euros de fondos públicos para continuar desenvolvendo a súa actividade no ámbito financeiro”.

Proposta de Feijóo

Juan Carlos Francisco reclamoulle de novo ao PP “que dea conta da suposta proposta de solución que lle enviou o presidente da Xunta aos distintos organismos implicados, e especificamente á Comisión Europea”. Lembrou que malia ter anunciado esta proposta, a realidade é que nin a explicaron nin a fixeron pública, polo que reclamou “un pouquiño de seriedade co drama de milleiros de cidadáns e cidadás”.

Reclamoulle á Xunta que se dirixa ao Goberno central e ao Banco de España para que tomen decisións no sentido de aliviar a situación dos afectados, xa que NGB é hoxe unha entidade intervida e, polo tanto, a súa propiedade recae no Estado. Criticou que tanto o PP como a Xunta tenten de buscar responsabilidades “lonxe” implicando ao comisario da Competencia, Joaquín Almunia, que non ten competencias sobre este caso.

De feito, sinalou que, logo de preguntarlle á UE, dende a Comisión Europea evidenciaron que nin a Xunta, nin o Estado, nin a entidade bancaria plantexaron ningunha proposta formal sobre a que se teña que pronunciar. Por este motivo, explicou, a secretaría xeral da Competencia da UE “non se pode pronunciar sobre algo do que non ten coñecemento”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar