Critican que a Xunta evite indemnizar a Caldas de Reis polo vertido de Brenntag

Critican que a Xunta evite indemnizar a Caldas de Reis polo vertido de Brenntag

Critican que a Xunta evite indemnizar a Caldas de Reis polo vertido de Brenntag

Carmen Gallego lembra que os alcaldes da comarca, incluídos os do PP, “tamén reclamaron que os 5,5 millóns de euros que cobrou a Xunta revertan nos concellos afectados”

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, acusou á Xunta de evitar indemnizar a Caldas de Reis polo vertido de Brenntag ao Umia polo que perdonoulle 4 millóns de euros da multa á empresa. No debate dunha pregunta en Comisión, sinalou que os alcaldes da comarca, tamén os do PP, reclaman á Xunta que invista nos concellos a parte da multa que si cobrou.

A responsable socialista criticou que a Xunta non se teña comprometido a indemnizar a este Concello “para financiar os custes que tivo que soportar” derivados do vertido contaminante. Gallego amosouse “completamente segura de que tódolos grupos políticos do concello de Caldas van respaldar ao seu alcalde na solicitude de reparación dos gastos ocasionados pola catástrofe”.

Esixiulle ao director xeral de Augas, que compareceu hoxe, que lle traslade ao conselleiro do Medio Ambiente “a urxencia de que dialogue co Concello de Caldas e co alcalde para axudar a facerlle fronte a estes gastos”. Lembrou que outros alcaldes da comarca, entre eles o de Vilanova de Arousa, membro do PP, tamén reclamaron que os 5,5 millóns de euros que cobrou efectivamente a Xunta pola multa revertan nos concellos afectados.

Explicou que dos 10 millóns de euros reclamados orixinalmente, 8 correspondían a gastos executados para conter a catástrofe, mais de 1,4 de dano ambiental e 200.000 euros de compensacións aos veciños polo uso das súas fincas, si ben a Xunta “condonou” 4 millóns á empresa.

Mensaxe perversa

Considerou “paradoxal” a falla de interese da Xunta na defensa do medio ambiente ao “perdoarlle” á empresa alemá boa parte da multa no xuízo que se celebrou recentemente. Advertiu que esta actitude transmite “unha mensaxe moi perversa” á cidadanía e ás empresas contaminantes, xa que “en lugar de defender que quen contamina paga, a Xunta di que contaminar é barato porque quen contamina negocia e acada un desconto”.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar