Critican o peche do Grupo Popular a admitir emendas que garantan o compromiso orzamentario da Xunta coas bibliotecas municipais

Critican o peche do Grupo Popular a admitir emendas que garantan o compromiso orzamentario da Xunta coas bibliotecas municipais

Critican o peche do Grupo Popular a admitir emendas que garantan o compromiso orzamentario da Xunta coas bibliotecas municipais

Concepción Burgo, parlamentaria socialista que defendeu a posición do seu grupo sobre o proxecto de lei en Comisión, recriminou ó Goberno que tardara tres anos en traer a lei ó Parlamento

O texto non regula o compromiso económico da Xunta coas bibliotecas municipais, non regula o funcionamento do sistema bibliotecario nin o acceso ao patrimonio bibliográfico a través dunha Biblioteca Dixital, como reclamaban os socialistas

A parlamentaria socialista, Concepción Burgo, recriminou ao Goberno galego a tardanza de máis de tres anos en presentar o proxecto de lei de Bibliotecas e criticou a cerrazón dos populares para admitir emendas a un texto, que, para os socialistas, ten moitas eivas, algunhas denunciadas incluso polos propios servizos xurídicos.

Neste sentido, Burgo insistiu hoxe, no debate en comisión, en buscar acordos durante a súa tramitación para acadar a súa aprobación por consenso como no caso da anterior lei. De momento isto parece lonxe de poder materializarse.

Tamén denuncian os socialistas a ausencia de referencias ao fomento da incorporación de bibliotecas e coleccións privadas ó Sistema Galego de Bibliotecas, como tamén sucedía coa falta de referencias á animación á lectura, corrixida a través dunha das poucas emendas aceptadas aos socialistas.

Burgo esixiu tamén que se contemplara o rexistro de todas as bibliotecas galegas tanto públicas como privadas e non só das que estean na Rede de bibliotecas públicas, para que se teña coñecemento de bibliotecas importantes como las de asociacións culturais, fundacións ou institucións da Igrexa como os seminarios.

O acceso igualitario á cultura a través das Bibliotecas, sobre todo das municipais, é unha cuestión que na lei non queda completamente garantido, a xuízo da parlamentaria socialista. Concepción Burgo acusa á Xunta de marcar as obrigas pero non os compromisos que por reciprocidade debe cumprir en especial coas bibliotecas municipais. Estas non teñen garantida a súa supervivencia se non existe unha obriga de contemplar nos Orzamentos partidas específicas, propón.

Salientan os socialistas as interferencias coa autonomía universitaria, ao regular este proxecto a obriga de usar os programas de xestión que determine a Xunta.

A deputada socialista manifestou tamén a súa preocupación pola falta de referencias á modernización das bibliotecas e os servizos bibliotecarios. Lamenta que se quedara só nunha referencia na parte expositiva e reclaman a incorporación da obriga de manter unha biblioteca dixital para contar cun repositorio do patrimonio bibliográfico de acceso público.

O acceso publico e gratuíto é unha constante preocupación reflectida nas emendas socialistas e que, como denuncia Burgo, non está garantido no proxecto a debate. Fala o texto de cobrar pola utilización de bases de datos, o que representa “unha discriminación por motivos económicos”. Defende Burgo que se deben garantir “uns servizos mínimos gratuítos, porque todo se deixa para que o organice o Mapa de Bibliotecas”, do que aínda non se sabe nada.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar