Critican o “fracaso do modelo de incineración de residuos do PP” que “vai no camiño contrario ás directivas da UE”

Critican o “fracaso do modelo de incineración de residuos do PP” que “vai no camiño contrario ás directivas da UE”

Critican o “fracaso do modelo de incineración de residuos do PP” que “vai no camiño contrario ás directivas da UE”

Carmen Gallego repróchalle á Xunta que eluda explicar “qué vai facer coa incineradora” de Estela Eólica no Irixo

Advirte que os plans da Xunta de incinerar do 80 por cento dos residuos de Galicia mentres a priorización da compostaxe permitiría xestionar o 50 por cento do lixo

A portavoz de Medio Ambiente do Grupo Socialista, Carmen Gallego, criticou hoxe o “absoluto fracaso do modelo de incineración de residuos do PP” que “vai no camiño contrario ás directivas da UE. A responsable socialista presentou unha pregunta oral en Comisión sobre a falla de criterio do goberno galego sobre a ubicación da planta incineradora prevista para o Irixo.

A parlamentaria socialista criticou que a Xunta “tirara pola borda” o plan de residuos elaborado polo anterior goberno socialista con consenso de tódolos sectores implicados, para agora “incumprir de forma sistemática” o seu propio Plan de Residuos.

Sinalou que logo de apostar pola incineración, nunha política que “vai no camiño contrario ás directivas da UE” que apostan pola redución, reciclaxe e reutilización, deixando a incineración para os rexeitos dos demais sistemas de xestión de residuos. Explicou que o goberno galego prima a incineración nun plan que manteñen sen desenvolver logo de tres anos de xestión do PP á fronte da Xunta.

Explicou que “non fixeron unha soa das construcións previstas, nin a planta de compostaxe, nin a planta do sur de Galicia, nin a ampliación das plantas dos complexos de Cerceda, Ribadumia e mesmo a complementariedade de Lousame”.

Gallego dixo que o balance do modelo de incineración de residuos é que cada ano envían a Sogama 850.000 toneladas de lixo, cando ten a capacidade de incinerar só a metade desta cantidade, mentres a planta proxectada no Irixo tiña capacidade de incinerar outras 310.000 toneladas. Criticou que a máxima aspiración da Xunta era “incinerar mais do 80 por cento do lixo que produce”.

Acusou ao goberno galego de tentar de reproducir un “modelo Sogama que está fracasado, polo que repetilo no sur é repetir o fracaso” e reclamou a aplicación dun modelo centrado na reciclaxe. Explicou que “só priorizando as plantas de compostaxe de residuos teriamos eliminado case o 50 por cento do lixo producido, co que a planta do sur de Galicia resultaría innecesaria.

Incoherencia

Carmen Gallego criticou a incoherencia do goberno galego na xestión da planta de O Irixo, que supostamente ía ser construída por Estela Eólica, que foi paralizada logo do forte rexeitamento veciñal polas condicións medioambientais, paisaxísticas, económicas e socioeconómicas que provocaría. Lamentou que o goberno galego renunciara de novo a explicar “qué vai facer coa planta de Estela Eólica” inicialmente proxectada no concello ourensán.

Lembrou a “constante contradición política do PP” sobre esta planta, logo de que mentres a Xunta e o PP galego defendía a súa construción, o PP apoiaba na deputación de Ourense unha moción socialista en contra desta planta e en contra da incineración como método de xestión dos residuos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar