Critican o “desapego formal e concreto” do goberno central coa pesca galega

Critican o “desapego formal e concreto” do goberno central coa pesca galega

Critican o “desapego formal e concreto” do goberno central coa pesca galega

Marisol Soneira lamenta a “docilidade” da Xunta e do PP galego diante da ausencia de Galicia no Consello de Ministros de Pesca

A portavoz de Pesca do Grupo Socialista, Marisol Soneira, criticou o “desapego” amosado polo Goberno central coa pesca “o que supón un desapego formal e concreto con Galicia” como principal potencia pesqueira do Estado. Así o dixo no debate na Comisión de Pesca dunha pregunta oral do Grupo Socialista pola ausencia de Galicia no Consello de Ministros de Pesca da UE.

A responsable socialista criticou o “recorte brutal” asestado polo goberno central á pesca, suprimindo o financiamento para paros temporais da pesca que faena en augas Nafo ou pescada sur, entre outros. Estes recortes coinciden co desinterese diante dos recortes dos fondos de cofinanciamento correspondentes ao Fondo Europeo de Pesca ou a supresión de partidas para investigación.

Soneira lamentou a “docilidade” amosada pola Xunta e polo PP galego diante da ausencia de Galicia no Consello de Ministros de Pesca da UE celebrado o pasado 19 de marzo, no que Galicia foi representada por Murcia. Salientou que esta actitude supón unha “pura contradición” coa postura belixerante cando os gobernos de Galicia ou España eran socialistas.

Lembrou que daquela “había que estar de corpo presente –nos consellos de ministros de Pesca- porque si non isto era unha ruína”. Ademais, lembrou a cascada de valoracións dende o goberno galego e o PP diante destes encontros que, dende a chegada de Rajoy á Moncloa, deron paso a “absolutamente nada, salvo as notas de prensa neutras e non moi concretas por parte do Ministerio”.

Descartes

Dixo que “descoñecemos as valoracións da Xunta nin o seu grao de implicación nas propostas feitas por España con respecto á flexibilización, por parte da UE, da proposta orixinal de eliminar a práctica dos descartes”. Dixo que “tampouco coñecemos cales son as políticas de alianzas de España e Galicia como para que fiquemos practicamente solos na defensa de determinadas propostas”.

Así, lembrou que “non é a primeira vez que o Goberno galego anuncia contar con aliados para despois vernos solos” como por exemplo na modificación dos criterios para análise química das biotoxinas e o seu impacto na categorización das zonas de extracción de bivalvos.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar