Critican a “irresponsabilidade e incumprimentos” do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Critican a “irresponsabilidade e incumprimentos” do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Critican a “irresponsabilidade e incumprimentos” do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

Raúl Fernández acusa a Agustín Hernández de fracasar na súa xestión ao renunciar á vertebración do país, adecuar a lexislación urbanística e fracasar na política de vivenda pública

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista, Raúl Fernández, criticou a “irresponsabilidade” e “incumprimentos” do conselleiro de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas. Así o dixo na comparecencia do conselleiro diante do Pleno do Parlamento para dar conta das liñas de actuación deste departamento na lexislatura que comeza.

O responsable socialista apuntou que “as súas actuacións como conselleiro deixan en ridículo as propostas que nos trae a esta Cámara”. Criticou os “enganos e mentiras” nunha xestión que “deixou sen desenvolver a vertebración do país, renunciou a adecuar a lexislación urbanística e non apoiou aos sectores máis febles con vivenda de promoción autonómica”.

Ademais, engadiu que esta Consellería foi incapaz de utilizar a obra pública como motor da economía, dificultou a mobilidade das persoas, eludiu a súa responsabilidade de preservar o medio ambiente e mesmo por “colaborar decididamente na súa destrución ao servizo de intereses espurios”.

Fernández denunciou que “converteu unha Consellería que debera ser a cabeza tractora do desenvolvemento do noso país en vagón de cola”. Ironizou con que “foi o conselleiro dunha macroconsellería con microxesión en urbanismo, vivenda, ordenación do territorio, infraestruturas, transportes e medio ambiente”. Acusouno de “minimizar o importante ata reducilo a intrascendente, e fixo do insignificante o centro da súa acción política”.

O parlamentario socialista acusou ao conselleiro de “usar de forma partidaria e partidista a Xunta de Galicia para obter réditos electorais sendo deshonesto co exercicio de responsabilidade que se lle supón en relación co cargo que ocupa”.

Incumprimentos

O portavoz de Infraestruturas do Grupo Socialista fixo un relatorio dos incumprimentos do conselleiro en tódalas súas competencias, tanto en urbanismo como vivenda, medio ambiente e infraestruturas. Advertiu que os catro anos de xestión de “fume, propaganda e realidades virtuais inmateriais”, demostrou que hoxe “non é crible” ao acumular “un enorme baleiro de realidades e unha morea de incumprimentos”.

Así, lembrou o fracaso na busca de consensos en materia urbanística, con modificacións normativas “sempre na dirección de reducir a protección do territorio, legalizar situacións intolerables e eliminación das cautelas ao protexer solos de especial valor”. Ademais, eliminou a independencia da Axencia de Protección da Legalidade Urbanística e utilizou os proxectos sectoriais de incidencia supramunicipal para amparar operacións inxustificadas.

Sinalou que viu abandonando sistematicamente á vivenda de protección autonómica, pasando de 211 millóns de euros nos orzamentos de 2009 a 97 nos últimos orzamentos de Feijóo, para garantir as plusvalías dos promotores inmobiliarios e “renderse ante os poderosos” en lugar de utilizar este mecanismo para recuperar o sector, crear emprego e poñer a disposición vivendas para os sectores mais febles da sociedade.

En materia de medio ambiente, o parlamentario socialista salientou a relaxación da protección do medio ambiente e do territorio deixando aos territorios sensibles indefensos diante dos intereses urbanísticos.

Finalmente, apuntou as paralizacións e atrasos en materia de infraestruturas, como a autovía Pontevedra – Vilagarcía, a Vía Ártabra, a VAC do Baixo Miño, o desdobramento Nadela – Sarria, a estrada Celanova – Portugal, a autovía da Costa da Morte, o corredor Sarria – Monforte, a VAC da Mariña, o desdobramento do Corredor do Morrazo, ou a autovía Santiago – A Estrada.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar