Critican a “hipocresía política” do PPdeG ao eliminar 109 promotores de emprego destinados a Galicia

Critican a “hipocresía política” do PPdeG ao eliminar 109 promotores de emprego destinados a Galicia

Critican a “hipocresía política” do PPdeG ao eliminar 109 promotores de emprego destinados a Galicia

Miguel Ángel Fernández sinala que estes profesionais asisten persoalmente a mais de 55.000 parados e paradas que quedarán desatendidos polo recorte á metade nos orzamentos de Rajoy

Reclámalle á Xunta que garanta a continuidade destes contratos por 1,7 millóns de euros mentres lembra que a Consellería de Traballo deixou sen executar 160 millóns de euros no último orzamento

O portavoz de Emprego do Grupo Socialista, Miguel Ángel Fernández, criticou a “hipocresía política” do PP por rexeitar unha iniciativa socialista para manter aos promotores de emprego destinados a Galicia polo Goberno central. Explicou que estes profesionais, que atenden a mais de 55.000 parados e paradas, serán eliminados o 30 de xuño logo de que o Goberno do PP reducira á metade o orzamento para a súa contratación.

O responsable socialista explicou que os 46 millóns de euros para a contratación dun total de 1.500 profesionais en todo o Estado foron reducidos a 23 millóns de euros, co que estes traballadores serán suprimidos a finais do mes de xuño, entre eles os 109 que atenden aos parados e paradas en Galicia e que suporían un investimento de 1,7 millóns de euros para a Xunta de Galicia.

Miguel Ángel Fernández criticou a “falla de coherencia” dos gobernos do PP, que prefiren reducir este orzamento mentres no ano 2011 deixaron sen executar 160 millóns de euros só na Consellería de Traballo, dos cales 80 correspondían só ás políticas activas de emprego. Sinala que a realidade é que á Xunta de Galicia “non lle preocupa a situación dos 276.244 parados e paradas de Galicia, que serán mais de 300.000 a finais de ano.

Ademais sinalou que esta mesma proposta ten sido xa anunciada, en idénticos termos, nas comunidades autónomas de Castela e León e Estremadura, ámbalas dúas con gobernos do PP, que se comprometeron a completar as partidas con fondos propios. Apuntou que estes gobernos consideran aos promotores de emprego como “fundamentais” pola axuda aos cidadáns en paro.

Reclamou así que a Xunta evite esta supresión ou, no seu caso, “manteña aos 109 promotores de emprego, financiándose, de ser preciso, con fondos propios para a súa contratación”. Lembrou que estas contratacións suporían un investimento de 1,7 millóns de euros mentres a Consellería de Traballo deixou sen executar 160 millóns no ano pasado.

Miguel Ángel Fernández apuntou que a propia Consellería de Traballo salientaba o 18 de febreiro de 2011, a través dunha nota de prensa oficial, loaba a contratación destes promotores para prestar unha “atención personalizada a máis de 55.000 parados galegos”. Sinala que a Xunta mesmo abunda que o programa vai dirixido a demandantes menores de 30 anos ou aos maiores con mais dun ano no paro e sen prestacións.

En opinión da Consellería de Traballo, estes profesionais daban resposta a “un dos grandes problemas, o do paro xuvenil, pero que tamén vai acercar o servizo de emprego a todos aqueles que o precisan”. Criticou a incoherencia dos anuncios pasados e as decisións actuais, por canto o mesmo Rajoy apoiaba a orientación profesional no seu Programa Nacional de Reformas de 2012, feito público en abril.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar