Critican a “desidia sistemática” de Feijóo cara a cultura galega

Critican a “desidia sistemática” de Feijóo cara a cultura galega

Critican a “desidia sistemática” de Feijóo cara a cultura galega

Francisco Caamaño lembra que Feijóo destina á lingua galega unha terceira parte dos orzamentos que dedicou Fraga en 1993

O portavoz de Cultura e Lingua do Grupo Socialista, Francisco Caamaño, criticou a “desidia sistemática” á que o goberno de Feijóo ven condenando á cultura galega, xa que “carece de programa profesional con obxectivos, discutido e pactado cos sectores implicados para procurar a complicidade de galegos e galegas na tarefa común de cultura que nos enriquece”.

Na comparecencia do presidente do Consello da Cultura Galega na Comisión de Orzamentos da Xunta, Caamaño lamentou que o goberno galego “non quere entender o que din os informes” elaborados por este organismo reiterando ano tras ano unha política cultural “que adoece de pobreza de deseño e de planificación, sen metas nin obxectivos”.

Criticou que a Xunta se dirixa a financiar “contedores baleiros, calar bocas e repartir entradas” como toda política de impulso cultural. Sinalou que que Feijóo “renuncia expresamente a ter mais” incrementando os ingresos “gravando aos que mais teñen en beneficio dos que non teñen nada”.

O responsable socialista lembrou que o mundo da cultura “leva tempo facendo moitas cousas con moitísimo menos” e exemplificou que que hoxe Feijóo destina á lingua galega unha terceira parte do que destinaba Fraga en 1993, co que “hai 20 anos o galego tiña o tripla de orzamentos que hoxe”.

Caamaño chamou a “emendar a ausencia e a incompetencia da política cultural da Xunta” e comprometeuse a “facer todo canto estea nas nosas mans” para “corrixir a deriva cara a ningures” desta xestión, “reforzando o papel de institucións como o Consello da Cultura cunha labor construtiva” e que ofrece “solucións críticas” á situación.

Caamaño fixo un chamamento a “ser conscientes de que xuntos, as institucións, asociacións, cultura e representantes políticos podemos impedir que a cultura sexa unha sorte de María Soliña”, lembrando á personaxe de Celso Emilio Ferreiro.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar