Critica que a Xunta “pida apertar o cinto mentres despilfarran 18 millóns en embaixadas” e cinco delegacións territoriais “cargadas de persoal de confianza”

Critica que a Xunta “pida apertar o cinto mentres despilfarran 18 millóns en embaixadas” e cinco delegacións territoriais “cargadas de persoal de confianza”

Critica que a Xunta “pida apertar o cinto mentres despilfarran 18 millóns en embaixadas” e cinco delegacións territoriais “cargadas de persoal de confianza”

José Manuel Lage advirte que mentres o conselleiro Rueda anuncia a supresión de 70 organismos, o Programa de Estabilidade entregado por Rajoy na UE apunta 46

Pídelle a Rueda que explique si teñen pensado suprimir o Instituto Galego de Estatística (IGE) tal e como contempla o Programa de Estabilidade

Lembrou que o PP foi dende a Xunta “quen creou a administración paralela e o 95% dos organismos inservibles que agora hai que finiquitar creáronse baixo gobernos PP” e sinalou que “son os maiores responsables do despilfarro de fondos públicos na fracasada comarcalización de Galicia a través de fundacións”.

Sinala que o DOG contempla retribucións por preparación de reunións das directivas de órganos públicos que o presidente da Xunta cualificara o xoves de “tomadura de pelo”

O portavoz da Área Institucional do Grupo Socialista, José Manuel Lage, advertiu que a Xunta “non pode pedir aos cidadáns apertar o cinto mentres despilfarran fondos públicos como o están facendo”. Na comparecencia do conselleiro de Presidencia sobre a racionalización da administración, advertiu que en catro anos gastaron 18 millóns en subcontratar embaixadas á CEG.

José Manuel Lage reclamoulle á Xunta que peche estas embaixadas “aceptando as súas equivocacións”, especialmente cando o Ministerio de Asuntos Exteriores anunciou fórmulas para “dar cabida á presenza internacional das autonomías”. O responsable socialista dixo que a Xunta mantén 5 delegacións territoriais “cargadas de persoal de confianza” ou ou toda a infraestrutura da Sociedade de Desenvolvemento Comarcal.

Criticou que o propio conselleiro de Presidencia “hoxe fala dun segundo plan de racionalización cando aínda non remataron o primeiro”, xa que “levan desde 2008 anunciando plans de racionalización e a supresión das fundacións e centros comarcais aínda non se culminou”. Lembrou que o PP foi dende a Xunta “quen creou a administración paralela e o 95% dos organismos inservibles que agora hai que finiquitar creáronse baixo gobernos PP” e sinalou que “son os maiores responsables do despilfarro de fondos públicos”.

O responsable da Área Institucional do Grupo Socialista advertiu que o goberno galego ten admitido en Comisión parlamentaria que “non saben qué facer coas infraestruturas nin co persoal dos centros comarcais e da Sociedade Galega de Desenvolvemento Comarcal” que eles mesmos crearon.

46 organismos

Lage Tuñas criticou que o conselleiro teña anunciado hoxe a eliminación de 70 organismos, cando Feijóo anunciaba 73 o pasado 26 de abril, e o goberno central remitiulle á UE un Programa de Estabilidade no que só recoñece a redución de 46 entes na Comunidade Autónoma de Galicia. O deputado socialista amosou o documento oficial dende a tribuna do Parlamento. Engadiu que “aquí poden vir contar o que queiran, pero o que di o Goberno de España á UE é que a finais de febreiro só reduciran 8 organismos”.

Criticou a “falla de seriedade e respecto ao Parlamento” ao cuantificar o aforro acadado no primeiro plan de reestruturación pasou de ser 10 millóns a “12, despois a 20, a continuación 25 e unha semana despois de novo 20 millóns de euros”. Dixo que “non é o serio dicir que da igual un millón arriba e abaixo” e advertiu que hoxe mesmo anunciaron un aforro de 5 millóns de euros coa supresión de organismos cando “antes dicían 10”.

Reclamoulle que explique si vai cumprir o este Plan de Estabilidade cando anuncia a desaparición dos institutos autonómicos de estatística. Criticou que a comparecencia supón “outro anuncio” pero a realidade é que “na práctica evitan concretar a redución de gasto improdutivo e evitan dar conta no Parlamento do seu compromiso e dunhas cifras que non concordan cos datos transmitidos polas institucións comunitarias”.

Tomadura de pelo

O responsable socialista salientou que o Decreto da Xunta sobre as retribucións de altos cargos publicado onte contempla indemnizacións por asistencia e preparación dos órganos malia que o presidente da Xunta o rexeitara no Consello do pasado xoves cualificándoo de “tomadura de pelo”. Lage Tuñas dixo que “tomadura de pelo é o que están facendo semana tras semana no Consello da Xunta”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar