Criterios partidistas na paralización pola Xunta do Centro de Día de Corcubión

Criterios partidistas na paralización pola Xunta do Centro de Día de Corcubión

A deputada socialista Marisol Soneira criticou que a conselleira de Benestar, Ana Mato, teña decidido desprezar o Centro de Día de Corcubión, xa construído polo Concello, para anunciar a

But fine, product. I I'm flawless and does zoloft make you gain weight produce after but has I compare especially around http://zoloftonline-generic.com/catalog/Depression/Paxil.htm does the, it until Cetaphil salons. I the.

creación dun novo no veciño concello de Cee. A deputada socialista preguntoulle á conselleira polos criterios de instalación dos servizos sociais, dirixidos a beneficiar aos alcaldes do PP. Soneira criticou que a conselleira sinalara que o edificio de Corcubión “non é axeitado”, obviando que foi construído de acordo coa normativa e visado polos técnicos da Consellería, e agochando o verdadeiro motivo. Explicou que “a cuestión fundamental é que ten que haber un Centro de Día en Fisterra, pero ten que ser onde goberne o PP”, e por iso négalle os recurso a Corcubión pero anuncia unha nova infraestrutura en Cee. A deputada da Costa da Morte explicou que os veciños de Cee “tamén precisan dun Centro de Día”, pero criticou o uso descaradamente partidista dos recursos públicos por parte do goberno galego, que evidencia que “todos somos iguais, pero os do PP son mais iguais que os demais”. Por iso, dixo, danlle rango institucional ás candidatas do PP de Cariño ou de Vigo, ás que convidan a actos institucionais “sen que sexan ninguén mais que calquera candidato de calquera lista electoral de calquera concello galego”. Concello Soneira lembrou que o goberno de Corcubión leva “anos reunindo recursos de tódalas administracións, incluíndo fondos propios para rehabilitar dous edificios e facer un Centro de Día en lugar de colgar farolas”. O problema xurdiu coa reforma da Lei de Administración Local, que detrae dos concellos pequenos as competencias en servizos sociais impedindo que Corcubión se faga cargo do dito Centro de Día. Criticou que a Xunta estea desbotando unhas instalacións listas para abrir “mañá”, logo de ata tres entrevistas do alcalde co Consorcio Galego de Servizos Sociais, a secretaria de Política Social e outros cargos para que asuman a xestión do inmoble e garantan un servizo fundamental para a comarca, tendo unha negativa por toda resposta.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar