Crean un grupo de traballo de economía e emprego cos principios de redistribución de riqueza, igualdade de oportunidades, solidariedade e inclusión dos desfavorecidos

Crean un grupo de traballo de economía e emprego cos principios de redistribución de riqueza, igualdade de oportunidades, solidariedade e inclusión dos desfavorecidos

Crean un grupo de traballo de economía e emprego cos principios de redistribución de riqueza, igualdade de oportunidades, solidariedade e inclusión dos desfavorecidos

“A creación de emprego está servindo á dereita para facer unha chantaxe a toda a sociedade”, explica Carmen Gallego.

Os socialistas afirman que “axiña virá o recorte de prestacións por desemprego, a elección de sistemas sanitarios públicos ou privados e os seguros médicos como alternativa á sanidade pública”.

A deputada socialista, Carmen Gallego, e os responsables da Área de Emprego, José Manuel Civeira e da Área de Economía, Enrique Negueruela da Comisión Executiva Nacional Galega constituíron, xunto con outros representantes das áreas, o grupo de traballo de economía e emprego do PSdeG-PSOE. Este grupo ten como principios a “redistribución de riqueza, a igualdade real de oportunidades, a solidariedade e a inclusión dos mais desfavorecidos”.

Os socialistas aseguran que o goberno galego “non lles importa facer mais cativa a tarta con menos empregos,menos sanidade, menos educación, menos sector público..., con tal de levar máis cacho do que levan agora”. Gallego sentencia que o PSdeG-PSOE “quere tarta para todos e por iso o noso obxectivo é repartir para que medre a tarta e todos podamos ter un anaco mais grande”.

“A creación de emprego está servindo á dereita para facer unha chantaxe a toda a sociedade”, explican os socialistas. O goberno galego comezou eliminando a gratuidade dos libros de texto, reducindo o persoal que fai sustitucións na sanidade, no ensino, establecendo o copago farmacéutico e paralelamente “redúcense os dereitos laborais mesmo a capacidade de defensa dos traballadores”.

A deputada socialista, Carmen Gallego asegurou que o goberno galego fala de que “é preciso un mercado laboral mais flexible” e o que pretenden é “eliminar a garantía de seguridade que permite a reivindicación de condicións salariais e de traballo dignas”.

Os socialistas afirman que “axiña virá o recorte de prestacións por desemprego, a elección de sistemas sanitarios públicos ou privados e os seguros médicos como alternativa á sanidade pública” por parte do goberno de Feijóo.

O grupo de traballo asegura que Partido Popular fai todo isto “por mor dunha futura creación de emprego”. Pero dende o PSdeG-PSOE aclaran que “quen di isto dende o goberno, planifica unha estratexia que nos vai levar á perda de mais de un millón de empregos dende agora ata o 2015, en cálculos da Comisión Europea, o que suporá a Galicia case cen mil empregos menos”.

Carmen Gallego afirma que “o emprego deteriorase cada vez mais” porque os recortes teñen graves consecuencias. Os socialistas explican que mentres no último ano de goberno de Emilio Pérez Touriño a perda de empregos “foi a metade que no Estado, o 1,2% fronte ao 2,4%”, no último ano de Feijóo “invertéronse as tornas, o 4,1% en Galicia fronte ao 2,5% no Estado”. “Este é o froito da política de recortes de Feijóo”, sentenciou.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar