Creado o grupo de Redes e Innovación que funcionará como un think tank de innovación

Creado o grupo de Redes e Innovación que funcionará como un think tank de innovación

Creado o grupo de Redes e Innovación que funcionará como un think tank de innovación

Francisco Caamaño, Coordinador de Política, Ideas e Programas do PSdeG-PSOE salienta o interese do PSdeG de colaborar estreitamente cos investigadores para buscar ideas e traducilas en realidades eficaces e efectivas

Jorge Expósito, Secretario de Redes e Innovación, salientou a aposta dos socialistas pola Sociedade do Coñecemento, a neutralidade de rede e o Goberno aberto

O grupo de traballo conta con investigadores internacionais, das universidades galegas, empresarios TIC, militantes e simpatizantes relacionados coa innovación e a Sociedade do Coñecemento

Condenan o “despilfarro” de Feijóo na compra de software de código pechado, que non aporta ningún valor adicional e impide o desenvolvemento da industria local.

O Coordenador de Política, Ideas e Programas do PSdeG-PSOE, Francisco Caamaño, e o Secretario de Redes e Innovación da Executiva, Jorge Expósito, presidiron a constitución do Grupo de Traballo de Redes e Innovación dos socialistas galegos.

Segundo explicou Jorge Expósito, este grupo está formado por especialistas en distintas áreas das tecnoloxías de información e comunicación, da innovación e da investigación no eido universitario coa idea de funcionar coma un Think Tank de innovación.

Francisco Caamaño salientou que o PSdeG-PSOE está a facer “paralelamente e coa mesma intensidade” dúas tarefas fundamentais para mellorar as condicións de vida da sociedade galega e recuperar a súa confianza “perdida nos últimos procesos electorais”. “Somos quen de levar a cabo a adaptación e renovación dos procesos orgánicos internos” e estar pensando na cidadanía en Galicia.

Considera fundamental a cuestión da innovación porque as políticas de Feijóo neste terreo son “sinxelamente de abandono”. “Non lle interesa a investigación, non lle interesan as universidades, agás para subirlle as taxas”. Por iso o Partido Socialista tomou a decisión de colaborar estreitamente cos investigadores deste país, buscar ideas e traducilas en realidades mediante o asesoramento económico para que sexan eficaces e efectivas.

Marcáronse tres liñas fundamentais de actuación. A primeira sería a Sociedade do Coñecemento, en onde o Secretario de Redes e Innovación dos socialistas galegos encadra a promoción do software libre, a neutralidade de rede e o Goberno aberto.

A Xunta de Galicia, denuncia Expósito, gasta 5 millóns de euros só en licencias do paquete Office, “cando existen alternativas de software libre e gratuíto”. Este é un exemplo do que os socialistas cualifican de “despilfarro” en licencias “que non aportan ningún valor adicional á administración”.

A aposta socialista polo uso intensivo do software libre se xustifica ademais en que “incide positivamente no desenvolvemento da industria local, das TICs galegas”, ás que a Xunta está “impedindo que se beneficien de esta estratexia”.

A segunda liña de actuación do recentemente constituído grupo de traballo é a Innovación. “Sen innovación é imposible crecer”, afirma expósito, que considera inadmisible que non se invista nesta parcela. Os socialistas amosaron a súa vontade de apostar polos investigadores en colaboración ocas universidades galegas para buscar solucións aos conflitos como a supresiñon de becas e axudas á investigación, nomeadamente os Parga Pondal.

Investigadores de prestixio internacional formarán parte deste grupo, que, traballará xunto cun equipo económico para que, mediante o seu asesoramento as ideas se materialicen.

A terceira liña é a modernización do PSdeG-PSOE. Segundo explicaron os seus dirixentes, o Partido Socialista debe achegarse aos cidadáns e compartir con eles un proxecto de futuro. Para Expósito, o uso intensivo das TICs fará un PSdeG máis aberto, máis interactivo e encamiñado ás demandas da sociedade, que esixe máis democracia e un goberno máis participativo e aberto.

Expertos en web 2.0 e Goberno aberto se sumaron a este grupo de traballo. O responsable da área de Redes e Innovación xa apuntou que de cara ós comicios autonómicos traballan nun “novo deseño” de interacción co que os socialistas pretenden “sorprender e incentivar á cidadanía a participar”.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

Pechar