Creado no pazo do Hórreo o Espazo Parlamentar na Defensa dos Animais

Creado no pazo do Hórreo o Espazo Parlamentar na Defensa dos Animais

Creado no pazo do Hórreo o Espazo Parlamentar na Defensa dos Animais

Catro deputadas socialistas forman parte deste novo espazo estable de traballo para a protección e defensa dos animais no Parlamento Galego impulsado pola Fundación Libera

Este mediodía constituíuse o Espazo Parlamentar na Defensa dos Animais, unha iniciativa da Fundación Libera para a defensa dos Animais e dos Grupos Socialista e do BNG da Cámara galega.

A representación socialista está composta polas parlamentarias Carmen Gallego, Dolores Rodríguez Amoroso, Silvia Fraga e Sonia Verdes. Hai que sumar os tres parlamentarios do BNG e o representante de Libera, Rubén Pérez.

Pérez explicou que o a creación deste Espazo parlamentar, existente tamén en outros parlamentos europeos, no Congreso e no Senado, obedece á necesidade de contar cunha “representación estable” no Parlamento de Galicia para artellar calquera iniciativa na defensa dos animais.

Como aclarou o representante da Fundación Libera, o Espazo Parlamentar nace aberto a todos os grupos políticos e con vocación fiscalizadora da labor do Goberno.

A deputada, Dolores Rodríguez Amoroso, salientou en nome da representación socialista, que dende 2009 a 2012 hai 12 millóns de euros menos dedicados a políticas de conservación, en concreto en conservación e protección da biodiversidade hai 0 euros no 2012. En axudas a concellos para protección de animais domésticos de 450.000 euros no 2009 pasouse a 282.000 euros no 2012.

Baixaron tamén as indemnizacións por danos de fauna, pasando de 234.300 euros no 2009 a 128.301 euros no 2012 e en axudas ás sociedades protectoras de animais pasamos de 79.200 euros no 2009 a 13.600 euros no 2012.

Denuncia a deputada socialista que, “nun momento cómo o actual de grave crise económica os concellos contan con menos recursos para loitar contra o abandono dos animais domésticos, minorados ademais polas insuficientes partidas orzamentarias da Xunta de Galicia”. As sociedades protectoras de animais “tampouco reciben o apoio do Goberno galego” como se ve nos Orzamentos e teñen graves dificultades para atender todos os animais abandonados que recollen.

Ademais a “crise acentúa o abandono de animais domésticos” porque familias pouco concienciadas despréndense destes animais cando ven mermar os seus ingresos.

Isto “preocúpanos no grupo parlamentario socialista”, afirma Rodríguez Amoroso,polo que consideran “necesario facer visible este problema con iniciativas cómo a que hoxe subscribimos”, dixo.

Os socialistas declaráronse “alarmados” polas batidas de lobo que está autorizando a Xunta de Galicia en lugares como a Serra do Barbanza, “baixo a escusa dos ataques ao gando e supostas hibridacións entre lobos e cans aínda non demostradas” apuntou a deputada socialista.

Estas batidas “están fomentando claramente practicas ilegais como a caza de lobos mediante lazos” na Serra do Barbanza na época ademais de cría das femias.

Tanto no verán de 2011 como nesta última autorización da Xunta de marzo de 2012 “atopámonos con lobos mortos por prácticas ilegais e con claros sinais de sufrimento”, denuncia.

http://Bestbettafish.com/

Os socialistas demandan da Xunta de Galicia que “si hai danos no gando os indemnize cómo se facía por parte do anterior goberno e non pretenda coa escusa da crise aforrar tamén aí cómo o está facendo (pasamos de 234.300 euros no 2009 para estas indemnizacións a 128.301 euros no 2012)”. Demandan ao Goberno galego que “finalice con estas autorizacións de batidas que moito nos tememos están rematando coa poboación de lobo ibérico da Serra do Barbanza”, sentenciou.

jfdghjhthit45

32641281A

Artigos relacionados

1 Comentarios

  1. pilar pallares
    Outubro 15, 2012 a 14:13

    Unha ordenanza municipal de residuos pode prohibir “dar de comer aos animais na vía pública”?Pode o concello multar por dar de comer penso a’ os gatos e arroz partido e alpiste a pombas e gorrións?Pode a Polic’ia Municipal,’as veces de paisano, perseguir até o acoso en tanto ignora os residuos dos botellóns ? Grazas

Os comentarios están pechados.

Pechar