Covardía da Xunta ao iniciar unha reforma da Lei de Saúde en agosto

Covardía da Xunta ao iniciar unha reforma da Lei de Saúde en agosto

Covardía da Xunta ao iniciar unha reforma da Lei de Saúde en agosto

O portavoz de Sanidade do grupo socialista, Julio Torrado, denunciou en rolda de prensa a “covardía manifesta” da Xunta tras publicar onte, “nun 2 de agosto”, un Anteproxecto de Lei para modificar a Lei de Saúde de 2008 “pola porta de atrás”. Torrado explicou que este anteproxecto supón, entre outras cousas, que a partir de agora a participación na sanidade “vaise decidir por decreto”, así como unha ampliación “moito máis dura” do modelo de áreas sanitarias, cunha redefinición do mapa “encamiñada a reducir á nada o peso das áreas comarcais” que supón “a perda da xestión directa da atención primaria”. O grupo socialista pedirá de forma urxente a comparecencia extraordinaria do conselleiro de Sanidade no Parlamento.

 

Torrado lembrou a “situación crítica na sanidade”, cunha advertencia de folga hoxe mesmo por parte dos médicos, cun problema de persoal grave e unha redución de servizos importante no verán. “E a consellería o que saca da manga ante todo isto é un anteproxecto de lei un 2 de agosto claramente covarde nas formas”, afirmou. Agora ábrese un prazo de 15 días para a participación cidadá, o que a limita ata o 17 de agosto. “Como todo o mundo sabe, do 2 ao 17 de agosto non son as datas máis apropiadas para fomentar a participación; a participación ou se cre nela ou faise de tapadillo e neste caso é realmente vergoñento que se utilicen estas datas para unha reforma de tanto calado”.

 

O anteproxecto, ademais de conlevar reformas en canto a persoal ou inspección médica, supón que a partir de agora “vaise participar na sanidade pública por decreto”. Ata agora nos consellos de saúde galego e de área participaban alcaldes, representantes de entidades locais, federacións de veciños, asociacións de pacientes, etc. E agora esta reforma di literalmente que a composición se decidirá “por decreto do consello da Xunta”.

 

A redefinición do mapa sanitario “vaise definir tamén por decreto” cunha ampliación “moito máis dura” dun modelo actualmente xa cuestionado, encamiñado “a reducir á nada o peso das áreas sanitarias comarcais”, que principalmente afectará ás áreas sanitarias do Salnés, A Mariña, Monforte e Valdeorras. Isto supón “a perda da xestión directa da atención primaria” e pode profundizar na redución de servizos nos hospitais comarcais ou impoñer unha obrigada derivación de persoal cara os hospitais das cidades. “Constátase a redución de servizos sobre todo no rural por decreto lei”, criticou Torrado, que informou de que o grupo socialista xa está en contacto cos sindicatos, alcaldes das vilas principais, representantes locais e deputados ante  posibles mobilizacións.

 

“A consellería fala de optimización de servizos e de plasmación dun modelo existente. En base a ese argumento sería unha reforma inútil, e non podemos aceptar que o conselleiro asuma que fai reformas inútiles. Para nós é covarde e ten propostas de calado”, afirmou Torrado. “Cada vez que a Xunta fala de optimización de recursos botámonos a temblar, porque a optimización supón sempre redución de servizos”, concluíu.

Mercedes Cernadas

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar