Cortizo esixe a de Guindos que explique "se asume sen máis" os 8MM€ públicos perdidos pola venda de Novagalicia Banco e pide que os responsables das quebras respondan ante os Tribunais

Cortizo esixe a de Guindos que explique "se asume sen máis" os 8MM€ públicos perdidos pola venda de Novagalicia Banco e pide que os responsables das quebras respondan ante os Tribunais

Cortizo esixe a de Guindos que explique "se asume sen máis" os 8MM€ públicos perdidos pola venda de Novagalicia Banco e pide que os responsables das quebras respondan ante os Tribunais

O deputado socialista galego e voceiro socialista de innovación apunta que "quizais Europa obrigaba a vender pero non obrigaba a "regalar" e había prazo ata 2017 para esperar posibles mellores ofertas"

Considera que "o diñeiro público perdido coas caixas podería ter paliado os recortes en educación, sanidade, pensións, salarios de funcionarios, prestacións de desemprego e a expulsión de científicos do noso país,"

O deputado socialista galego e voceiro socialista de innovación, Miguel Cortizo, esixiull ao ministro de Guindos -na comparecencia deste na Comisión de Economía do Congreso dos Deputados- que explique "se o Goberno asume a perda de 8.000 millóns de euros de diñeiro público perdido coa venda de Novagalicia Banco e aquí non pasa nada".

Neste sentido, Cortizo pediu a De Guindos que explique o motivo polo que o FROB vendeu Novagalicia Banco por 1.000 millóns de euros sen esperar a esgotar o prazo de 2017 e esperar así posibles mellores ofertas que evitasen a perda de 8.000 millóns, cando ademais o último exercicio a entidade deu 90 millóns de euros de beneficios despois de impostos. "Quizais Europa obrigaba a vender pero non obrigaba a regalar" -incidiu.

O deputado socialista apuntou ante o ministro de Economía que "co diñeiro público perdido pola venda de Novagalicia Banco e polo do resto de caixas, poderían terse paliado os recortes de 6.000 millóns de euros en 2012 e 2013" en educación, e os recortes en sanidade, pensións, prestacións a desempregados, salarios de funcionarios e, mesmo, a 'expulsión' dos científicos do noso país".

Por iso, solicitou ao Goberno "que se implique, para que os responsables das quebras das caixas respondan dos seus actos e das súas xestións cleptómanas ante os Tribunais".

Así mesmo, comparou a situación vivida coas caixas en España co sucedido en EUA, "onde os bancos están a devolver as axudas recibidas mesmo obtendo beneficios", e onde, "ata no caso de Madoff, se recuperaron 8 de cada 10 dólares estafados por Madoff aos investidores e este vai 140 anos ao cárcere". "A ver se aos Madoff de aquí lles toca algo" -sostivo Cortizo.

Como voceiro socialista de innovación, Cortizo reprobou ademais a "falsidade" e "pura labia" sostida por De Guindos esta tarde na Cámara Baixa ao afirmar o ministro que o investimento público en I+D+i está en liña co que se inverte en Europa. "Será na liña oposta" -ironizou o deputado socialista- e acusou o ministro de "estar a asasinar a I+D+i ben como asasino directo ou como cómplice".

Ademais, recriminou ao ministro de Economía e ao propio Rajoy polas súas "mentiras" sobre que o rescate non ía custar diñeiro aos contribuíntes.

Para finalizar, o deputado socialista galego intentou obter resposta de De Guindos sobre se existen compromisos a futuro por parte do comprador de Novagalicia Banco para manter tanto o emprego coma o número de oficinas, e se o Goberno contempla algunha fórmula para realizar un seguimento dese compromiso.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar