O PP rexeita manter o servizo ferroviario entre A Coruña-Santiago ou rebaixar as tarifas dos Avant

O PP rexeita manter o servizo ferroviario entre A Coruña-Santiago ou rebaixar as tarifas dos Avant

O PP rexeita manter o servizo ferroviario entre A Coruña-Santiago ou rebaixar as tarifas dos Avant

O PP rexeitou na Comisión do Fomento do Congreso unha iniciativa parlamentaria do grupo mixto que solicitaba que os servizos prestados polos novos trens Avant entre A Coruña e Santiago sexan novos servizos que non substitúan aos preexistentes ou que, no caso contrario, se aprobasen para os novos trens unhas tarifas similares aos existentes na actualidade.

O deputado socialista pola Coruña, Miguel Cortizo, -que interveu como voceiro do grupo socialista- explicou que "a evidente vantaxe que supón a posta en funcionamento dos trens Avant entre Ourense e A Coruña, non pode significar que os usuarios do servizo ferroviario entre A Coruña e Santiago resulten prexudicados"

Efectivamente, segundo explicou, a entrada en funcionamento dos Avant entre Ourense e A Coruña leva consigo a supresión en hora punta dos actuais trens Santiago á Coruña e dende A Coruña a Santiago, supoñendo ademais un enc

arecemento de case o dobre no prezo da viaxe para os usuarios que non se corresponde coa redución de tan só cinco minutos no tempo de percorrido.

Por iso, Cortizo expresou o apoio do grupo socialista á iniciativa formulada e indicoulle ao PP que "se os argumentos expostos en relación co interese dos cidadáns non fosen suficientes, sempre se pode recorrer aos habituais argumentos de Rajoy: "é de sentido común e sería actuar como Deus manda" ".

Non obstante, o PP -que pretendeu rebaixar a iniciativa á realización de estudos sobre os hábitos dos viaxeiros- rexeitou a iniciativa con escusas que foron cualificadas polo deputado socialista de "peregrinas, confusas e obtusas,".

"Ao contrario do que sostivo no Congreso a Ministra de Fomento, neste caso os cidadáns non ven atendidas as súas necesidades respecto aos servizos públicos de interese xeral" -incidiu Cortizo.

Para o deputado socialista "os usuarios dos servizos ferroviarios entre A Coruña e Santiago precisan unha solución que pasa por manter o actual servizo ou flexibilizar o prezo do novo", tal como propón a iniciativa debatida.

"O rexeitamento do PP provoca que 'o camiño de Santiago' se lles pon hoxe a estes usuarios ferroviarios máis costa arriba" -sostivo.

zp8497586rq

32641281A

Artigos relacionados

Pechar