Cortizo advirte a Feijóo que “non se pode recorrer á histeria, á delincuencia e a mil desculpas mais” ante os lumes

Cortizo advirte a Feijóo que “non se pode recorrer á histeria, á delincuencia e a mil desculpas mais” ante os lumes

Cortizo advirte a Feijóo que “non se pode recorrer á histeria, á delincuencia e a mil desculpas mais” ante os lumes


O ex delegado do Goberno en Galicia e coordinador do gabinete de seguimento e impacto dos lumes do PSdeG, Miguel Cortizo, advertiu hoxe a Feijóo que “non é serio recorrer á histeria, á delincuencia e a mil desculpas máis ante os lumes”.

Así o dixo logo da primeira reunión deste gabinete de crise constituído polo PSdeG para o seguimento e avaliación do impacto dos lumes que está a sufrir Galicia. Na xuntanza participaron a secretaria de Medio Ambiente do PSdeG, Carmen Gallego, a portavoz de Medio Rural do Grupo Parlamentario, Sonia Verdes, o portavoz de Emerxencias do Grupo Parlamentario, Juan Carlos Francisco Rivera, e o secretario de Organización do PSdeG, Pablo García.

Deste xeito, puxo por diante que “non se lle pode botar a culpa dos lumes a ningún goberno, posto que se trata dun problema cunhas raíces moi arraigadas, polo que non se debe utilizar de xeito torticeiro contra o goberno de turno”. Dito isto, engadiu que polo dito anteriormente, en ningún caso o PSdeG vai facer anda parecido “ao que fixo Feijoo en 2006, de utilizalo demagóxica e hipocritamente contra o Goberno da Xunta”.

Cortizo reiterou o ofrecemento que se ten feito dende o PSOE, concretamente por parte do secretario xeral, Pachi Vázquez, para ser capaces de afrontar os lumes “con seriedade”. “Os lumes deben ser considerados como un problema de Estado, e deben buscarse solucións con acordo e dialogo entre as forzas políticas”, precisou.

“Non é serio recorrer á histeria, a delincuentes e a mil desculpas que non son máis que un pretexto para salvar a situación nun momento”, dixo en relación ao goberno de Feijoo.

No mesmo sentido, o coordinador do gabinete dos lumes do PSdeG tamén considerou ”outra estupidez botarlle a culpa as forzas de seguridade do Estado, algo carente de rigor e sobre todo inxusto, xa que traballan arreo” contra o lume.

Neste senso sinalou que “un responsable político debe ser máis serio e non buscar simplemente cabezas de turco, sobre todo cando ten a responsabilidade dunha Policía Autonómica que se pode dedicar a iso, pero pola contra ten unha grande cantidade de prazas sen cubrir por que non quere pagalas”. “Que alguén teña o descaro, a hipocrisía e o cinismo de botarlle as culpas aos corpos de seguridade do Estado, se descualifica por si só”, denunciou Cortizo, en referencia as críticas veladas do Goberno galego as forzas de seguridade. Xustificou estas críticas en que “Feijoo vive instalado na mentira en xeral”

Diminución dos orzamentos en prevención
Incidiu en que “non hai que buscar pretextos, non hai que usar os lumes politicamente” e afirmou que “o criticable é que un goberno abandone orzamentariamente o tratamento dos problemas como fixo a Xunta”.

“Os datos cantan: en 2010 e 2011 se diminuíron as partidas destinadas a políticas preventivas en 22 millóns de euros, e en 2010 se deixaron de executar 20 millóns das partidas destinadas as cuestión de prevención”.

Ademais criticou a diminución dos medios de extinción da Xunta, o que quedou probado en que a UME, que “é unha unidade militar de emerxencias”, actuou como si fora unha brigada máis”, debido precisamente a que non estaban operativas as da Xunta.

“A mentira, a falta de previsión de medios de extinción e os pretextos histéricos e ridículos non son un bo camiño. O camiño é o consenso, o abandono da utilización política e mezquina dos lumes e abordar o problema en serio, cousa que non fixo a Xunta”, concluíu.

Preguntado polo desprazamento a Madrid do delegado da Xunta en Ourense para ver un partido de fútbol en plena vaga de lumes, sinalou que “non basta con que Feijóo diga que el non o houbera feito, ten que cesalo”.

“O superdelegado foise ao fútbol e o presidente acostuma a estar en Babia, que tamén está lonxe dos problemas”, sentenciou ironicamente despois de recordar que a vaga de lumes tamén colleu a Feijoo en Arxentina facendo campaña a favor de Rajoy.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar