Cortizo acusa a secretaria de Investigación de ocultar a realidade científica que soporta un recorte nos fondos en I+D+i do 42% dende 2010

Cortizo acusa a secretaria de Investigación de ocultar a realidade científica que soporta un recorte nos fondos en I+D+i do 42% dende 2010

Cortizo acusa a secretaria de Investigación de ocultar a realidade científica que soporta un recorte nos fondos en I+D+i do 42% dende 2010

"Como dá mostras de ser tan pouco seria, tan pouco rigorosa e tan pouco responsable, non teño máis que acabar dubidando de todo o que formulou no seu discurso", censurou o voceiro de Innovación

Miguel Ángel Cortizo, voceiro de Innovación do Grupo Parlamentario Socialista, acusou a secretaria de Estado de Investigación de ocultar a realidade científica. Neste sentido denunciou que "houbo un recorte do 42% nos fondos en I+D+i dende 2010, un 10% nos dous primeiros anos e outro 32% no resto", cando a representante do Goberno sinalou que na última década o sistema de ciencia e tecnoloxía creceu exponencialmente.

Tras afirmar que descoñece se a comparecencia da secretaria de Estado de Investigación é "un exercicio de irresponsabilidade e de escapismo", o deputado socialista dixo que pese a ser este o debate da comunidade científica, o debate permanente neste Parlamento, malia dar lugar a todo tipo artigos, recensións, malia todo isto, vénnos a dicir que na última década o sistema experimentou un incremento enorme. Non sei se vén a tomar o pelo", criticou. "Parece que descoñece o machadazo do 42% porque ningún sistema resiste un golpe como este".

Cortizo afirmou que o Consello Superior de Investigacións Científicas presentou o seu plan de actuación para 2014-2017. "É demoledor. O organismo público de investigación máis importante fai unha previsión para 2017 de que o seu equipo e os seus recursos de persoal serán os de 2007. Temos ao Consello salvado, rescatado ' in extremis' por unha achega de 95 millóns da quebra, e el mesmo prevé que a produción científica vai diminuír".

O voceiro socialista referiuse ao retroceso de máis dunha década, en termos de persoal. "Máis alá da manipulación das estatísticas, estamos a perder persoal no ámbito da investigación. O que ten que facer é recoñecer a situación, non intente dicir cousas que ofenden á intelixencia. Este é un exercicio de honestidade persoal e non vir aquí e manter unha pamema que fai que esta institución ao final sexa unha broma de mal gusto".

"O que fai falta en situacións como esta é un exercicio de seriedade, de rigor e de responsabilidade," explicou. "Como dá mostras de ser tan pouco seria, tan pouco rigorosa e tan pouco responsable, non ten que acabar dubidando máis de todo o que formulou no seu discurso". Na súa opinión "estas comparecencias podían ter utilidade, seriedade e responsabilidade co país", pero cre que a van certificar como "a peor secretaria de Estado ou a peor responsable da I+D+i, con moita diferenza sobre calquera,".

Finalmente, indicou que se pecharon moitos proxectos de investigación e que o que el dixo o di "a COSCE, a CRUE, todas as asociacións integradas na Carta pola Ciencia e o discurso que fan a maioría dos científicos deste país, porque a investigación non é unha prioridade para o Goberno. Isto está moi claro"

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar