Corcoesto: esixen parar o proxecto e censuran ao PP por xogar coas necesidades da xente ofrecendo traballos

Corcoesto: esixen parar o proxecto e censuran ao PP por xogar coas necesidades da xente ofrecendo traballos

Corcoesto: esixen parar o proxecto e censuran ao PP por xogar coas necesidades da xente ofrecendo traballos

O parlamentario socialista, Francisco Caamaño, ven de defender no Pleno unha proposición non de lei pola que se esixía deixar sen efecto o informe favorable á Declaración de Impacto Ambiental (DIA) á mina de ouro de Corcoesto, se proceda á emisión dun novo informe que teña en conta os estudos científicos elaborados ata agora, indicando en que senso se fixeron. Ademais esixía a iniciativa socialista que, de xeito inmediato, se anule o procedemento de admisión definitiva do permiso de investigación Julia 2, número 7155 a Minería Corcoesto SL, para a investigación do ouro en 600 hectáreas de Cabana de Bergantiños, Coristanco e Ponteceso.

O parlamentario socialista preguntouse si o Goberno galego e o grupo popular que o sostén traballan “a favor de Galicia ou da empresa” interesada na explotación. Caamaño fixo referencia á multitudinaria manifestación en contra de esta explotación mineira, citou os informes científicos divulgados pola Sociedade de Historia Natural, as peticións da Defensora del Pueblo, do Valedor do Pobo e da Comisión Europea. Todos coinciden en esixir ao Goberno galego que se actúe “cun criterio razoable”.

Recordou o deputado que o Grupo Socialista xa advertiu dos riscos esta explotación. “Cinco toneladas de cianuro que son necesarios traer a Galicia”, unha explotación na que se manipulará arsénico “non ten nada que ver coa mina de As Pontes, dixo en referencia á comparación que momentos antes fixera o Presidente da Xunta.

PENSAR NO FUTURO

O parlamentario Francisco Caamaño condenou que o alcalde do PP de Cabana vaia a Bruxelas defendendo a mina en lugar de estar a defender aos seus veciños “ e dicirlles coidado que estades a vivir ao lado do veleno”. Salientou que o rexedor do PP retivo un mes os informes da Xunta sobre as augas, onde se indica que seis fontes dedicadas ao abastecemento non poden ser empregadas para o consumo humano por conter altos niveis de arsénico.

Pediulle que pensen “nos que teñen que vivir no futuro” na comarca, onde se proxecta un embalsamento de auga con arseniopirita e cianuro triturados, ao lado do mar e co desvío dun río.

PROMESA ELECTORALISTA DE EMPREGOS QUE NON EXISTEN

Os socialistas censuran que se teñan permitido comezar a actividades nin ofertar portos de traballo ata ter os permisos mínimos. “Iso é o que faría un Goberno responsable”, dixo Caamaño. “Titulares de papel” define o deputado socialista, “como o Plan eólico, os coches de Melón, Mitsubishi, etc.” continuou referíndose a outros proxectos de creación de emprego anunciados por Feijóo e fracasados.

Se aínda non hai unha autorización de explotación e se, como argumentaron os populares, a declaración de impacto ambiental non é suficiente, non entende Francisco Caamaño a razón pola que se ofrecen os 1400 postos de traballo, por que o alcalde de Cabana recolle currículos, por que se dan esperanzas e “xógase cos sentimentos da xente”, coas necesidades da poboación “para ver se tiramos outras eleccións”.

Contrapuxo Caamaño a esta actitude do PP a dos socialistas. “Nós queremos garantías”, dixo. Esixiu ao Goberno ser “responsables” cos informes e ter un plan empresarial alternativo para logo dos nove anos previstos de explotacións, de contar con garantías sobre a responsabilidade civil por riba das que se poden recadar dunha sociedade limitada, e seca despois cando se tome unha decisión. “Paren e volvan facer as cousas ben, tomando unha decisión fundada, pídello o pobo de Galicia”, argumentou o parlamentario socialista.

O deputado tamén condenou que a Xunta sacara unha liña de crédito e subvencións de 300.000€ da que probablemente se beneficie a Plataforma en favor da mina de Corcoesto. Cartos sacados da partida de achegas para as familias e entidades sen ánimo de lucro. “Non hai cartos para atender as necesidades das persoas, para facer as traídas de auga nas zonas afectadas, pero para iso si temos”.

Apelando ás orixes liberais do Grupo Popular, Caamaño esixiu a aplicación non xa da lei de 2008, senón da lei de minas de 1868, promovida polos liberais en España para evitar a sobre-explotación mineira. O art. 5 recolle unha indemnización polo terreo ocupado por valor do terreo ocupado e unha quinta máis. Censurou o pago en Corcoesto do metro cuadrado explotado a 1,2€, “mentres en Galicia hai escolleiras de cuarzo onde se paga o terreo a prezo de ouro”.

A lei tamén esixe unha fianza á empresa explotadora para danos e prexuízos. Extrapolando os datos para Corcoesto, ascendería a 300 millóns de euros. Isto é algo que non se pediu ni se vai pedir, pois como advertiu Caamaño, o explotador da mina vai ser unha SL, que, unha vez desaparecida será moi difícil reclamarlle responsabilidades. “Oxalá foran liberais do 1868 e non vendedores de fume do 2013”, espetou Caamaño ao Goberno e á bancada popular.

32641281A

Deixar a resposta

Pechar