Copago, desabastecemento e perda da universalidade da sanidade provocan o sistematico abandono de tratamentos

Copago, desabastecemento e perda da universalidade da sanidade provocan o sistematico abandono de tratamentos

Copago, desabastecemento e perda da universalidade da sanidade provocan o sistematico abandono de tratamentos

A portavoz de Sanidade do Grupo Socialista, Carmen Acuña, sinalou hoxe que o copago, o desabastecemento e a perda da universalidade da atención sanitaria por parte do goberno de Feijóo está a provocar o abandono dos tratamentos farmacolóxicos en Galicia. Así o dixo na comparecencia do director xeral de Asistencia Sanitaria en Comisión para informar sobre a adherencia ao tratamento farmacolóxico.

A responsable socialista sinalou que “a menos copagos mais adherencia”, mentres a retirada do financiamento público dos medicamentos está a provocar que, de acordo cos estudos de Astra Zéneca e da universidade europea, un 62 por cento dos pacientes crónicos maiores de 65 anos abandonen os tratamentos. Esta porcentaxe, dixo, elévase ata o 77 por cento, de acordo cos coidadores destes doentes.

Acuña citou ademais aos farmacéuticos galegos, que “falan de que entre o 15 e o 25 por cento dos fármacos quedan nas farmacias” no momento en que os doentes teñen que financialos. Esta porcentaxe, dixo, corresponde tan só aos fármacos financiados, sen ter en conta o abandono de tratamentos con medicamentos que teñen que ser pagados integramente polo doente.

Ao problema do “desfinanciamento” de fármacos, dixo, cumpre engadir o desabastecemento crónico que está a sufrir a farmacia, tanto a ambulatoria como a hospitalaria. Explicou que o 83 por cento dos hospitais teñen problemas de subministros e España é hoxe o carto país da UE no que mais se sufre este problema, chegando a carecer de determinados fármacos durante ata un ano.

Dixo que a economía resulta “definitoria para o coidado da saúde”, mentres o goberno galego encarece sistematicamente os prezos dos tratamentos farmacolóxicos e provoca unha perda da universalidade sanitaria “real como a vida mesma”. Subliñou que “gústelles ou non lles guste escoitalo, hoxe os inmigrantes e ata os parados están a quedar sen prestación” sanitaria.

32641281A

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar