Convocatoria inmediata de oposicións e concurso de traslado no ensino

Convocatoria inmediata de oposicións e concurso de traslado no ensino

Convocatoria inmediata de oposicións e concurso de traslado no ensino

Vicente DocasarO portavoz de Educación do grupo Socialista, Vicente Docasar, esixiulle hoxe ao goberno galego a “convocatoria inmediata de oposicións e concurso de traslados” no ensino público. O responsable socialista presentou unha pregunta na Comisión de Educación para reclamarlle á Xunta que concrete canto antes o compromiso de convocar mil prazas no ano 2016.

Docasar advirte que Galicia “ten perdido nos últimos anos unha importante cantidade de prazas de profesorado”, un colectivo que “necesita respecto, certidume e recuperar os dereitos perdidos”. Sinalou que resulta “absolutamente prioritario reconducir a situación polo ben do ensino público deste país”.

Reclamoulle ao goberno galego que concrete o compromiso acadado polo conselleiro de Educación o pasado 29 de outubro, cando presentaba os orzamentos do ano 2016 co compromiso de convocar mil prazas de profesorado “pero sen especificar cántas, de qué niveis e de qué materias e especialidades”.

O parlamentario socialista esixiu “certidume” para os milleiros de opositores e opositoras de Galicia que levan anos agardando e reclamando unha convocatoria de oposicións que non chega.

Permisos por enfermidade

Tamén reclamoulle “que devolvan ao profesorado galego o dereito a disfrutar dos permisos por enfermidades leves e coidados de familiares aos que tiñan dereito ata hai moi pouco tempo e que foron suprimidos por decreto”. Advertiu que “non pode ser castigar a unha maioría por un pequeno colectivo de incumpridores”.

Sinalou que esta decisión “causou un profundo malestar no profesorado galego ao ser aplicada de maneira distinta nas catro provincias e en función da propia inspección de turno”.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar