Conversión en vía urbana do tramo da AP-9 en Vigo

Conversión en vía urbana do tramo da AP-9 en Vigo

Conversión en vía urbana do tramo da AP-9 en Vigo

O deputado socialista Abel Losada levou hoxe ao Pleno do Parlamento a conversión en vía urbana do último tramo da AP-9 entre a saída de Bos Aires e o centro de Vigo. O responsable socialista presentou unha pregunta oral na que acusou ao goberno galego de defender os intereses de Audasa en contra da petición unánime do Concello de Vigo, incluído o PP.

O parlamentario vigués afeoulle á conselleira de Obras Públicas que “pretendera responsabilizar ao Concello da redacción do proxecto técnico para construír a dobre entrada e saída da cidade”. Lembrou que a competencia sobre a vía correspóndelle en exclusiva ao Ministerio de Fomento, que pon os intereses privados da concesionaria por enriba das necesidades do tecido social e económico no que se inxire.

Lembrou que a autoestrada, privatizada en 2003 por Aznar, benefíciase dunha concesión que foi ampliada ata o ano 2048 polo goberno do PP cando en Galicia Feijóo era conselleiro de Política Territorial. A continuación, en 2009 foi vendida por parte de Sacyr a un fondo de investimentos participado por Abanca nun 25 por cento, unha entidade privatizada polo PP que vén de conseguir uns beneficios de 153 millóns no primeiro trimestre do ano.

Losada explicou ademais que as peaxes da AP-9 teñen subido un 36 por cento na última década, catro veces máis que o IPC, e a pesares de que a conselleira se teña posicionado a favor da súa transferencia á Comunidade Autónoma, hoxe mesmo votaron en contra de reducilas.

A realidade, dixo, é que Audasa leva recadados 2.400 millóns de euros en 36 anos e recibirá case 200 millóns máis da Xunta e de Fomento ata que expire a concesión, e que de cada 100 euros recadados en peaxes, 8 son destinados a gastos de persoal, 11 a gastos de explotación e mantemento e 28 son beneficios.

jacobo

Artigos relacionados

Deixar a resposta

Pechar